Liga da Costa: Très bien
21 de marzo de 2016 (00:19 h.)
Redúcese notablemente o abanico de opcións a campión da Liga da Costa, despois de que o Ponteceso pinchase en Castriz; non erraron Zas, San Lorenzo e Fisterra, que parecen destinados a decidir todo nos enfrontamentos directos
A piques estivo o Porteño de dar un susto en Verdillo - Foto: SD San Lorenzo
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Ameixenda 1-2 Buño
Cerqueda e Mazaricos-Foto-UD
Unha vitoria de equipo ben feito
Traballou e acabou por ter éxito o Mazaricos na súa visita ao Cerqueda. Os amarelos, unha das revelacións do curso, remontaron e apenas cometeron erros ante un rival que vive na calma clasificatoria. David, de penalti cometido por Diego Dourado, adiantou aos de Néstor Romero. Combativo e competitivo coma sempre, o Cerqueda voltearía o marcador cun penalti de Fernandito primeiro e cun remate de Luchi á saída dun córner (os visitantes pediron man). Resultou chave que non durara esa situación ata o descanso, xa que nun balón colgado Ricardo selou as táboas. Saiu moito mellor o Mazaricos na segunda metade, e Chenel estivo máis listo que toda a zaga rival. En dúas accións de desmarque e contragolpe, o veterán punta santiagués finiquitou o encontro.
Castriz 2-2 Ponteceso
11 do Castriz ante o Ponteceso-Foto-SD
11 do Ponteceso en Castriz-Foto-SD
Ao Ponteceso non lle entra o turbo
Xusto na recta final perde fuelle o Ponteceso, que aínda que mereceu seguramente algo máis na súa visita a Castriz, volveu ceder terreo cos seus rivais. Púxose todo moi a favor para os de Barca aos cinco minutos de encontro, cando Alberto Recarey convertía un penalti sobre Martín. Entrou a cita nunha dinámica de intensidade clásica no pequeno San Pedro. Baba, nun remate de cabeza, e Alberto Recarey, nun libre directo, estrelaron no pau o que tería sido o 0-2. E chegou a remontada xalleira. Iván, ao segundo pau nun centro lateral, e Álex Flores, nunha protestada acción na que o Ponteceso pediu falta no salto, voltearon o marcador. Salvaría polo menos un punto Nando, a falta de catro minutos, cun disparo desde corenta metros que se colou pola escuadra.
Castriz-Ponteceso-Foto-SD
Baíñas 3-1 Coristanco
Rodrigo, na imaxe contra o Ponteceso unha xornada atrás, firmou o gol da semana - Foto: SD Fisterra
- Campo: San Paio de Refoxos
- Ameixenda: Maikel, Jorge, Demetrio, Javichu, Sergio, David, Jesús, Grille (Trillo m.67), Brais, Borja e Rafa (Ruso m.75)
- Buño: Toni, David, Fran Borrazás, Eloy, Dimitri, Emilio, Jordan (Gurita m.69), Dani Calvete, Richard (Alexander m.64), Víctor (Ramos m.88) e Miguel Dourado
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Javichu, David e Borja; David do Buño
- Goles: 0-1 m.12 Víctor; 0-2 m.20 Richard; 1-2 m.64 Borja
- Campo: As Redondas
- Cabana: Víctor, Rubén, Jose, Isma, Raúl, Alberto (Adrián m.46), Alejandro, Fernando (Christian m.83), Miki, José Manuel e David Varela (Reigia m.46)
- Carnota: Andrés, Bernardo, Adrián, Jose, Pedro de Pichín, Nakata, Raúl, Oreiro, Abelardo, Oli Bermejo e Manuel Luis
- Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Raúl (m.89) do Carnota. Amonestou a David Varela do Cabana; Manuel Luis Oreiro e Jose do Carnota
- Goles: 0-1 m.38 Abelardo; 0-2 m.78 Jose; 1-2 m.85 Raúl; 2-2 m.88 José Manuel
- Campo: Xaviña
- Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Pazos, Athu (Bastón m.65), Uru (Jonás m.46), Manu, Fernandito, Juanjo (Javi Gemelo m.52), Brais, Luchi (Eloy m.58) e Martín
- Mazaricos: Iván, Ramón (Cerbán m.88), Matías, Martín, David, Ricardo, Chenel (Molinos m.85), Estéfano (Raúl m.80), Brais (David Lado m.70), Miguel Riveiro e Pereiro
- Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amonestou a Diego Dourado e Dani do Cerqueda; Pereiro do Mazaricos
- Goles: 0-1 m.17 David, de penalti; 1-1 m.32 Fernandito, de penalti; 2-1 m.42 Luchi; 2-2 m.44 Ricardo; 2-3 m.47 Chenel; 2-4 m.72 Chenel
- Campo: San Pedro
- Castriz: David, Iván, Martín Bardanca, Alejandro, Martín, Alberto, Bruno, Fabián (Darío Capelo m.58), David Agra, Bolón (Jose m.84) e Álex Flores
- Ponteceso: Brais, Diego Collazo (Laik m.53), Juanma, Charly, Baba, Mendieta, Alberto Recarey, Nando, Iago (Eloy m.54), Martín Puente e Dieguito
- Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Martín, David, Bolón, Bruno, Álex Flores e Alberto do Castriz; Laik do Ponteceso
- Goles: 0-1 m.5 Alberto Recarey, de penalti; 1-1 m.68 Iván; 2-1 m.80 Álex Flores; 2-2 m.86 Nando
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Baíñas: Sergio (Joselu m.84), Tantán, Carliños, Matías, Mario Casal, Jorge Calvete, Jaime (Samuel m.68), Tasky (Eloy Cabeza m.63), Esteban (Héctor m.80), Javi Suárez e Dani Casal (Canay m.46)
- Coristanco: Herrera, Jorge, Sergio, Mato (Damián m.58), Pazos, Gonzalo (Alexis m.58), Samuel, Jonathan (Iván Pena m.48), Iván, Javi e Pablo Díaz (Añón m.80)
- Árbitro: De Vega Domínguez (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.10 Matías; 1-1 m.12 Pablo; 2-1 m.26 Javi Suárez; 3-1 m.42 Mario Casal
- Campo: Hermanas Patiño
- Camariñas: Pablo, Rodri David m.83)i, Maikol, Pablo Mouzo, Moriño, Vieites (Brais m.61), Nico, Vicente, Paco, Soule e Yuyo
- Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Aitor, Esteban (Andrés Trillo m.74), Isma Leis (Jorgito m.88), Josiño, Leo, Penedo e Dani Picallo
- Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Yuyo e Maikol do Camariñas; Isma Leis, Josiño e Jacobo do Unión Club Cee
- Goles: 0-1 m.35 Esteban; 0-2 m.42 Chiru; 1-2 m.85 Nico
- Campo: As Pedreiras
- San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián Varela, Rubén Varela, Rudi, Álex Figueiras, Parafita, Mario, Fuentefría (Taibo m.65), Dani Pena (Kevin m.58) e Luis (Juni m.65)
- Porteño: Martín, Adrián, Manuel (Xoel m.59), Pejo, Jose Manuel, Rodrigo, Marcos (Matías m.77), Quilmes (Mario m.89), Isma (Cristian m.82), Mario Toja e Cachi
- Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.7 Álex Figueiras; 2-0 m.15 Mario; 2-1 m.28 Mario Toja; 2-2 m.49 Cachi; 3-2 m.58 Isaac; 4-2 m.65 Parafita
- Campo: Ara Solis
- Fisterra: Ángel, Manuel Cartamil, Rodri, Jesús (Javi m.68), Julito, Cote, Guardiola (Adri m.66), Piti, Pablo Lestón (Mané m.53), Roco e Adrián
- Esteirana: Manuel (Roberto m.62), Dani Rama (Eloy m.62), Rafa, Martín, Álex (Campos m.62), Adrián, Pablo Rama, Codesido, Jaime, Simón (Manu m.19) e Tobío
- Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Manuel Cartamil, Julito e Cote
- Goles: 1-0 m.23 Adrián; 2-0 m.45 Cote; 3-0 m.51 Rodri; 4-0 m.67 Jesús; 4-1 m.88 Manu; 5-1 m.89 Adrián
- Campo: Eleuterio Balayo
- Volantes de Baño: Jose, Javi, Pardelo, Sergio, Uru, Andel (Julio m.86), Mou, Álex (Álvaro m.65), Ivi, Álex Siaba (Sergio m.73) e Ramonsiño
- Sporting Zas: Bugy, Martín, Josito, Braulio, Dieguiño (Diego Fernández m.60), Sande (Rubén Forján m.46), Isma, Adri (Manu m.59), Chapela, Dani e David Blanco
- Árbitro: Giráldez Teixeira (A Coruña). Amonestou a Sergio, Andel, Álex Siaba e Ramonsiño
- Goles: 0-1 m.66 Sande; 0-2 m.80 David Blanco, de penalti