Ligas FS: As Copas de FS de Corme e Santa Comba afrontan a recta final

Partido de Copa da Liga de Futbol Sala de Santa Comba

En plenas Copas temos ás Ligas de FS de Santa Comba e Corme. Pola capital xalleira, este xoves afrontan unhas semifinais tremendamente igualadas, e xa pensan na gran finalísima do sábado 13 de maio. Por Corme, remataron os grupos copeiros e este sábado tamén afrontan os Cuartos. Será o vindeiro sábado 20 cando se dea o peche á temporada coa gran final e entrega de premios.

Repasamos como vén a cousa.

Copa de Santa Comba

A semana pasada disputábanse uns Cuartos con bastantes sustos. Primeiro foi o Juguetón o que asinou o pase ás semis barrendo ao Rebalcar con 3 goles de Pablo Framil e 2 de Arán. Na segunda eliminatoria case salta a sorpresa. Os Catedráticos tiveron ata 8 mans a mans co porteiro da Taberna do Meu Compadre, un Pejo que estivo sensacional para facer valer os goles de Xosé Agra (3) e de Mario Núñez (2) para deixar o 5-3 no marcador que deixa ao 4º da Liga nas semis. Iso si, o partido tivo un protagonista, Moreno, que marcou un golazo para o Catedráticos de porta a porta que valeu un partido.
O Pizzería Mamma Mía non deu opcións ao Bar Fontana e venceu por 9-3 cos dous tripletes de Diego Suárez e Jorge Quintáns.
Foi a última eliminatoria a máis reñida, e mesmo se tivo que decidir por penaltis. Os campións ligueiros do Vilar de Céltigos sufriron ante o D’Mara (3º en Liga) e tiveron que chegar á lotería dos penaltis para pasar de rolda.

Este xoves 11 de maio dispútanse as Semifinais:

  • 21:00h: Juguetón - Taberna do Meu Compadre.
  • 21:45: Vilar de Céltigos - Mamma Mía.
 

Copa en Corme

Os Aldeáns metéronse nos Cuartos da Copa

Trala disputa das 3 xornadas dos grupos ligueiros da Copa, este sábado chegan os Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa. Por agora, o favorito é Trans. Cotelo, que xa recibirá o trofeo de Campión de Liga e de equipos máis goleador e menos goleado. Buscará o doblete este sábado, nestes Cuartos:

  • 16:00h: Beres Apligasa - Royal Tym.
  • 16:50h: Bar París - Bar Mádison.
  • 17:40h: Trans. Cotelo - Seaia F.S.
  • 18:30h: Taller Capelán - Os Aldeáns.
 

Novas relacionadas