Máis gasolina para a familia do ACB
27 de marzo de 2015 (08:28 h.)
Boas novas para o baloncesto costeiro. A pasada mañá, o ACB Costa da Morte recibúa a boa nova de que a Estación de Servizo Bazarra renovou o seu convenio co equipo costeiro. Un convenio que permitirá darlle máis combustible durante esta temporada aos xogadores e xogadoras do cadro ceense.
Bazarra é o patrocinador oficial do equipo Junior femenino, ao cal tamén lle dá nome. O patrocinio renovase por un ano máis sendo xa catro os anos consecutivos que a comprometida empresa ceense se implica dunha forma notable co baloncesto da comarca.
Na imaxe vemos a Julio López, xerente de Bazarra, e o presidente do ACB, cunha camiseta do equipo Junior femenino.
Novas relacionadas
- Crónicas: Basket: O ACB sabe gañar tamén fóra da casa e o Carballo, a un paso do ascenso.
- Máis combustible para a Fundación Fernando Blanco.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).