Mala fin de semana para Víctor Senra e os pilotos da Costa

Non sempre ía ser todo alegrías, e esta pasada fin de semana, posiblemente foi a peor para o motor na Costa no que vai de ano. O venres 19 e sábado 20 celebrouse o 42 Rallye de Ferrol, onde o noso veciño de Dumbría Víctor Senra, acompañado de David Vázquez, tivo que abandonar por unha avaría no coche. Pero non no 306 Maxi co que estamos acostumados a velo, senón, con un 206 S1600 que ten en propiedade Senra Sport tamén. Ademais, o carnotán Pedro Carballo tampouco tivo sorte na Subida a Pontevedra.