Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15

Selección da Costa da Costa en Malpica O melloriño do fútbol base xuntouse esta pasada fin de semana en Malpica. A I Malpica Vidú Cup unía máis de 1.000 persoas nos campos de Xaviña (Buño) e da Pedra Queimada (Malpica) para ver o campionato sub-15 no que participou, por segunda vez, a Selección da Costa da categoría. Non puido chegar á final o combinado costeiro, protagonizada por Deportivo e a Selección Coruñesa, con vitoria final branquiazul. Os da Costa caeron 1-2 co Victoria, 0-3 co Lugo e 0-2 co Montañeros. Xa nos cuartos de final, o Deportivo conseguiría o pase logo de vencer a unha Selección da Costa da Morte que aguantou as constantes embestidas do conxunto deportivista pero que viu como Pol Bassa desequilibraba a balanza a favor dos blanquiazules. A pesar do gol, os homes de Josiño Abelenda e Martín Veciño contarían cunha boa ocasión para empatar pero o cabezazo de Ryan marcharíase rozando o pau. Pero os mozos da Costa da Morte non se marcharía sen carga xa que serían galardonados co trofeo Fair Play do torneo.
Bo ambiente no Campo de Xaviña Esta foi a convocatoria costeira:
Polo resto, descatada participación intenacional co Vitória Sport Clube de Guimarãé e o Chaves. No que respecta aos premios individuais, o trofeo ao Mellor Xogador foi para Asier Martínez da Selección Coruñesa, un central moi seguro, cunha tranquilidade pasmosa e unha calidade fóra do común para un xogador da súa posición. Mentres tanto, Pedro Rodrigues, guardameta do GD Chaves, foi nomeado como o mellor porteiro deste I Malpica Vidú Cup. O mellor adestrador foi para Nacho Lourido, da Selección Coruñesa, e Mario Domínguez (RC Deportivo) foi o MVP da final. Os porteiros menos batidos do torneo foron Manu Jiménez e Lois Gayoso, guardametas do RC Deportivo, tras encaixar tan só dous goles durante todo o torneo, mentres que os máximos goleadores foron Rui Teixeira (Vitória Sport Clube) e Darío Fariña (Atl. Coruña Montañeros CF), con tres goles cada un.
Collage de gañadores da I Malpica Vidu Cup Concello de Malpica e A.D. Vidú agradecen a colaboración prestada pola Federación Galega de Fútbol, pola Escola de Porteiros Nordés, o Buño SCD, o SCD Malpica, o Sporting Seaia e a UD Cerqueda, así como, a inestimable colaboración de dúas persoas que xa son indispensables para a AD Vidú como son Cristina Becerra, fotógrafa oficial da asociación malpicana, e Eva Luz.
Collage equipos I Malpica Vidu Cup copia
Un fisterrán recolleu o premio Fair Play da Malpica Vidu Cup  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).