Marco Lado e David Redonda representarán a Galicia no Campionato Nacional de Volei Praia sub-21
Terá un ollo no Ézaro e outro nas Canarias o deporte costeiro esta fin de semana. O areal dumbriés acolle o Campionato de España de Volei Praia cadete, pero é ata as illas desprázanse dous dumbrieses para representar a Galicia nos Campionatos de España de Volei Praia por Seleccións Autonómicas na categoría Sub 21.
Marco Lado e David Redonda foron os escollidos polo seleccionador Eloy Mahía para vestir a camisola galaica no campionato que se celebra en Las Palmas entre o 21 e o 23 de xullo. As dúas parellas (en categoría feminina serán Patricia González e Gladys Giráldez) foron seleccionadas polo técnico galego logo de concentrarse no Centro Galego de Tecnificación de O Ézaro dende o luns 17 ao mércores 19 de xullo para preparar o campionato de España xunto con outros seis deportistas por categoría que finalmente quedaron fóra da convocatoria.
O Seleccionador recoñece que a renovación do equipo masculino débese ás “dúas grandes promesas da disciplina como son Marco Lado e David Redonda que farán todo o posible para estar á altura desa meritoria quinta praza que acadaron na pasada edición Rubén Táboas e Nathan Matos”.
A expedición galega parte hoxe, xoves, rumbo ás illas, onde serán dous os combinados autonómicos que pelexarán entre os mellores conxuntos da canteira nacional polo tan ansiado título.
Novas relacionadas
- Xullo 2017: A praia do Ézaro, unha vez máis epicentro do volei praia nacional.
- Xuño 2017: Unai Larrañaga, anfitrión da Selección Galega de Volei Praia no Ézaro.
- Maio 2017: O Volei Dumbría empeza a temporada de volei praia con triunfo en Santander.
- Marzo 2017: O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española.
- Agosto 16: O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional.
- Xullo 16: O dumbriés Marco Lado participa en Tenerife no Campionato de España de Volei Praia.
- Xullo 2016: Unai Larrañaga leva á Selección Galega ao 5º posto do Campionato Nacional de Volei Praia.
- 2015: O Dumbría proclámase campión galego de Volei Praia Cadete en casa.
Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría conta cunha nova furgoneta doada pola Deputación.
- O Volei Dumbría roza a medalla no Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría realiza un impecable comezo do Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca.
- O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil.