Maverick Viñales e Ana Carrasco, festexaron o título de Moto3 en Carballo
17 de decembro de 2013 (08:15 h.)
A Casa do Concello de Carballo vestiuse coas cores do Calvo Team para recibir aos pilotos Maverick Viñales, Campión do Mundo de Motociclismo 2013 na categoría de Moto3, e Ana Carrasco, a muller máis nova en competir nunha proba do Mundial de Motociclismo. Visitaron Carballo da man do Grupo Calvo, o seu patrocinador na pasada tempada e aproveitaron para festexar o seu éxito como campións mundiais. Viñales, nunha breve intervención, quixo agradecerlle ao equipo "que apostase por min" como piloto, xa que "non o tiveron nada fácil" e tamén a Grupo Calvo e a todo o equipo deportivo "porque sen eles o título non tería sido posible".