Mazaricos prepara a súa I Ruta BTT

O éxito da I Ruta BTT de Dumbría, celebrada o pasado febreiro, alenta a outros concellos da bisbarra a organizar actividades deportivas semellantes. Os primeiros son os responsables do Departamento de Deportes do Concello de Mazaricos, que organiza para o 27 de marzo a I Ruta BTT en Mazaricos. Haberá grandes sorpresas para os amantes da bici, con regalos, sorteos, e mesmo a presencia de nomes importantes no mundo do ciclismo. A saída será dende o Polideportivo da Picota arredor das 9:00h para a entrega de dorsais. Serán 35km de dificultade media-alta polos montes do termo municipal mazaricán, sendo un 95% do percorrido por pistas de terra.

Inscrición

Poden inscribirse, de balde, no Concello de Mazaricos, ou no 981 867 104, ata os 300 participantes.

Mais información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Andrés Tuñas Sieira, Técnico de Deportes do Concello de Mazaricos.