Muros e Carnota aproveitan a ponte de decembro para o Fútbol Sala
12 de novembro de 2015 (06:30 h.)
Dobre cita co Fútbol Sala no sur da Costa. Muros e Carnota aproveitan a ponte de decembro para armar sendos torneos indoor.
A familia da Ximiela arma un maratón (e varias galas) para recadar diñeiro para voltar a participar no Desfile de San Patricio de NYC, como fixeran o ano pasado.
O Maratón terá lugar o 5 e 6 de novembro no Pavillón de Miraflores, e xa se poden inscribir ata o venres 4. Son 70€ por equipo, e poden formalizar a inscrición no 635 175 601 ou no 605 686 169.
Maratón en Muros
FS en Carnota
O I Torneo de Fútbol Sala Concello de Carnota comezará o 4 de decembro, a partir das 20:00h. O sorteo será o 3 no Salón de Actos do Concello. Xa poden inscribirse, por 50€, na área de deportes do Concello ou no 981 857 032, con data límite o 2 de decembro. Ollo que hai un máximo de 16 equipos.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).