Muros prepara a súa Milla Solidaria contra o cancro de mama

O sábado 19 de outubro, é o Día Internacional Contra o Cancro de Mama. E para celebralo, e recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), o Centro de Información a Muller do Concello de Muros artella a carreira "Milla Solidaria".

A proba, que ten un percorrido de exactamente 1 milla, uns 1.600m, partirá ás 20:30 h. dende a antiga fábrica de xeo. É unha carreira para todos os públicos, como xa apunta o lema: "vai ao teu ritmo, correndo ou andando...pero PARTICIPA".
Ademais tódolos participantes inscritos recibirán un agasallo.

Cómpre inscribirse con anterioridade (os menores de 12 anos custa 1€ e os maiores 3€ solidarios). A inscrición na Milla Solidaria “Muros contra o cancro” realizarase de maneira presencial nas dependencias de Servizos Sociais ou na Piscina Municipal ata o venres 18 de outubro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).