Muxía e Malpica, paradas da 42ª Regata Rías Altas de vela

Xa hai datas para a Regata Rías Altas de vela, que este ano desenvolverase entre o 9 e o 12 de xullo. O comité organizador da 42ª edición estableceu as catro etapas da competición: A Coruña-Sada, Sada-Muxía, Muxía-Malpica, Malpica-A Coruña.

Nesta 42ª edición, organizada polo Club Náutico da Coruña, coa colaboración da Universidade complementarase a competición deportiva coa publicación de diverso material con contido turístico, e tamén se tratará de implicar ao sector da hostalería mediante a elaboración de menús específicos para a regata.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).