Muxía prepárase para a III Quedada BTT
26 de novembro de 2015 (06:35 h.)
O vindeiro 13 de decembro do 2015, o Club Ciclista Costa da Morte celebrará a III Quedada BTT en Muxía 2015.
Será unha ruta non competitiva de 35km aproximadamente, con dificultade media-baixa. Ademais, contarase con sistema de cronometraxe, avituallamento sólido e líquido e con lavado de bicis e duchas ao remate da carreira.
A inscrición realízase ingresando 5€ na conta Abanca ES2080 0078 4830 4000 7220 (consignar nome, apelidos e dni) e validar enviando xustificante a ciclistascostadamorte@gmail.com.
Novas relacionadas
- 180 nenos e 120 adultos disfrutaron en Dumbría da festa BTT.
- 2013: Nin o tempo puido cos amantes da BTT na Quedada de Muxía que pensan na cita do Xallas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).