Noé, a volta do fillo pródigo

Parece que foi onte cando Noé se foi do Fisterra, aquel equipo de finais dos 90 de talento inacabable, para ingresar no Bergantiños. So un ano en Carballo e logo coas maletas para Cerceda, a buscar fortuna. E vaia se a atopou. Infinitos partidos en Terceira División, non se sabe cantas promocións de ascenso, un prestixio labrado a pulso. E so unha lesión, que non o paso do tempo, deixou a Noé fora dos campos de fútbol. A retirada dou paso ás ansias por adestrar, e parece que o seu destino estaba escrito. Cunha escala en Santa Comba, Noé xa está de volta no seu pobo. O domingo foi recibido con galóns de xefe de estado no Ara Solis, e o equipo coa súa presencia na banda pareceu axigantado. Esto nos contou do seu debut:
QPC - Volves a casa e logras unha importante vitoria. Inmellorable o regreso, non? Está claro que era un partido importante polo rival e para intentar cambiar a dinámica de 5 partidos seguidos perdendo. Estamos contentos pero sabendo que queda moito por mellorar. QPC - Como te atopaches ó equipo esta primeira semana? Eu sei a donde veño. Somos un equipo moi curto de efectivos no que todas as semanas hay que tirar de xuvenís no once titular. Fóronse varios xogadores importantes do ano pasado e unido a lesións que temos fai que teñamos que reinventarnos cada semana. Pero todo isto coas gañas dos que estamos e coa mellor afección da costa apoiando é máis sinxelo. QPC - Que aspectos vas a tentar traballar nestas primeiras semanas? Tendo en conta o bo traballo feito por Felipe somos un equipo que sen facer pretempada está rendindo ben no aspecto físico. Quizais tendo en conta que levamos os mesmos goles a favor que o primero e segundo clasificado e incluso mais que o 3 e 4 a asignatura a mellorar son os goles que encaixamos. Iso e que cada xogador sepa o que quero que faga tanto en defensa como en ataque. En resumo, crear unha forma de xogar propia e un orde táctico. QPC - Os rapaces xoves teñen un gran talento. Que esperas aportarlles? Estou gratamente sorprendido da madurez que están mostrando xuvenís de primero ano como Ezequiel e Isaac. Gabi e Andrés tamén son moi xoves. Son xogadores habituais no once e que aportan moito, o desparpajo, as gañas de adestrar... Se seguen en progresión poderán xogar mais arriba sen problemas. Eles, unidos a xente con mais peso como Robertín, Piti. Roa... fan q sexamos un equipo competitivo. QPC - O obxectivo supoño que será a permanencia. Hai mimbres para lograla? Está claro q debe selo. É unha autoesixencia do equipo e miña. Pola nosa xente o equipo loitará por elo. Aínda que dende a directiva saben o difícil que será con todo o que está sucedendo. Non coñezo demasiado a liga pero creo que co apoio da nosa afección e as gañas de todo o grupo deberíamos loitar por elo.
Un Fisterra con Noé ó lado do actual presidente e outros grandes xogadores que por alí pasaron QPC - Lograrás adaptar ó equipo a unha disciplina de adestramentos e traballo como a ti che gusta? É certo q pola situación xeográfica e por xogadores que non están cerca pola semana e difícil traballar con todos pero ata o de agora estou contento coa xente que ven a adestrar e a gañas de mellorar tanto táctica como físicamente. Por agora estou contento nese aspecto. QPC - Como foi a túa saída do Xallas? En primeiro lugar teño que agradecer públicamente ó Xallas e en particular a Pedro que me deran a oportunidade de adestralos. A partir de ahí eles consideraron que despois de dous meses non había confianza de saír da mala racha de resultados conmigo e eu respeto aínda que non o comparto. Creo que o que vira os nosos partidos observou que se deron unhas situacións nas que normalmente sumariamos mais puntos dos que tiñamos. Salvo o primeiro partido ninguén foi mellor que nos pero a pelotita non entraba e os puntos mandaron. Xa pasaron algunha situación parecida no pasado e confiando no traballo se saíu. Esta vez decidiron que non. Creo que faltou un pouco de paciencia. De todas formas síntome participe do que faga o equipo este ano porque hai un traballo de meses con moitos xogadores novos e unha plantilla confeccionada en parte por min. O proxecto estaba pensado para longo prazo. Creando unha identidade de xogo e formando un bloque que nun principio non tiñamos polo número de xogadores de fora que chegaron. De todas formas creo que co equipo que hai terano fácil para saír do descenso. E desexarlle moita sorte, por suposto. QPC - Que recordo te levas do club verde? Pois o recordo que levo é de un club que me gustou moito. Un pobo e unha plantilla que me encantaba. Quizais o único que me doeu un pouco foi cesarme a menos de 48 horas dun partido contra un equipo asequible na casa no que sen tempo para facer nada ó novo adestrador o que pasara non distaría moito do que ía pasar conmigo. Aparte do tema da confianza os recordos serán bos e darlle as gracias a toda a directiva, a toda a plantilla e volvo a decir que a Pedro de forma especial por confiar en min. Son socio e so podo decir: ¡¡ forza verdes!!! QPC - Xa tes o chip de adestrador ou todavía pensas algo como xogador? Fai 5 meses estaba xogando e todo o que fago de adestrador, sexan adestramentos ou sexan decisións fágoas tamén pensando dende a visión do xogador. Eu síntome xogador. Despois do cese tiven algunha oferta para volver. Incluso de Preferente pero as condicións físicas deben estar enriba das gañas. Intento decidir como adestrador tendo en conta a psicoloxía dos xogadores que adestro, como si eu fose o xogador a quen adestro.