O ACB Costa da Morte afronta un novo ano co apoio de Ferroatlántica
Xa están en competición os 5 equipos do ACB Costa da Morte. E hoxe teñen unha boa nova, como é a renovación do convenio de colaboración co Grupo Ferroatlántica. O director da zona noroeste Carlos Oliete, e o presidente do clube José María Pais asinaron o convenio a través do cal a compañía renova o seu compromiso cos equipos escolares da agrupación deportiva, á que xa vén apoiando desde fai varios anos.
Así, un total de 70 nenos beneficiarase deste acordo, que se centra nos catro equipos das categorías infantil, alevín e pequebasket, tanto masculino como feminino, que desenvolven a súa actividade co nome "Ferroatlántica Baloncesto Base", ademais das escolas deportivas situadas en Cee, Fisterra e Vimianzo.
O club AC Baloncesto Costa da Morte está presente en toda a comarca e ofrece a posibilidade a todos os nenos e nenas de entre 7 e 13 anos de achegarse a un deporte como o baloncesto, empezando nas escolas basee e continuando cos equipos federados en alevín, infantil e cadete. De aí que as axudas sexan se cabe máis importantes.
O presidente de A.C. Baloncesto Costa da Morte, José María Pais, agradeceu a implicación de Ferroatlántica, que considera "imprescindible para que podamos manter a actividade das escolas e os equipos infantís".
Partidos do ACB Costa da Morte para esta fin de semana
- 2ª División Sénior Feminina:
- Basquet Coruña - ES Bazarra Costa da Morte: venres 1-11 ás 18:00h en Riazor 2.
- ES Bazarra Costa da Morte - CB Sarria: domingo 3-11 ás 17:00h no Municipal de Cee. - 2ª División Cadete Masculino, Grupo AC:
- Baloncesto Cambre - ACB Costa da Morte: domingo 3-11 ás 17:00 no Temple. - 2ª División Cadete Feminina, Grupo AA:
- Sto. Domingo de Betanzos - ACB Costa da Morte: sábado 2-11 ás 16:00 en Betanzos. - 2ª División Infantil Masculino, Grupo AA:
- Salgado Montrove Rojo - Ferroatlántica Costa da Morte: sábado 2-11 ás 17:00 no Valle Inclán. - 2ª División Infantil Feminina, Grupo AA:
- CB Culleredo - ACB Costa da Morte: domingo 3-11 ás 12_00h no Burgo.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).