O ascenso do Puebla a Preferente provoca as permanencias de Fisterra en 1ª e do Cee na 2ª Galicia

03 de xuño de 2018 (21:13 h.)

Non contaban Fisterra e Cee con esta alegría de última hora. Cando xa contaban con case todo perdido, despois de levar varias semanas cun descenso en diferido case cantado, a última bala aínda a tiña o Puebla. O equipo de Changui caera na ida da final polo ascenso a Preferente ante o Carral 2-3 na ida, pero na volta conseguía darlle a volta a eliminatoria e celebrar o ascenso.
Un ascenso que libera unha praza de arrastre no Gr.2 da 1ª Galicia, o que precisamente ocupaba a SD Fisterra. Así, a permanencia do Fisterra provoca á súa vez, a permanencia do Cee na 2ª Galicia, que tamén se atopaba en posto de arrastre.