O Atrio ponse en cabeza da Liga de Fútbol Sala de Cee

Segue en marcha a Liga de Fútbol Sala de Cee, unha das máis intensas da zona, e que mantén o pulso deportivo durante a semana, e que conta con moitas das figuras do fútbol da Costa. Unha Liga que acabou o ano co Praia de Quenxe líder da 1ª División, pero que a día de hoxe xa ten novidades.

I é que o Cervería Atrio, o antigo e habitual gañador das Ligas Distribuiones Barral, xa ocupa o 1º posto. A cousa está que ferve, con 3 equipos con moitas posibilidades pero cun 4º, que pode rebentar a táboa. De feito, xa o fixo a semana pasada, cando o Cafetería Castelao superaba po 7-8 ao que estaba de líder, o Panadería de León. Hoxe, De León está 3º, a 3 puntos do Atrio e a 1 do Praia de Quenxe, que perdía o liderato tras empatar hai dúas semanas co Federópticos Ollo.
Por abaixo, parece que os dous postos de descenso se xogarán entre Restaurante Faina II, con 9 puntos, Cafetería Loureiro-O Coral, con 8, os mesmos que Ferroatlántica. Iso si, nun Federóticos Ollo, nin Antoxos nin Lires Cons se poden despistar.

Así, en 1ª, o máximo goleador é agora, tras 11 xornadas, Bruno, do Cafetería Castelao con 25 goles. Aitor, do Praia de Quenxe, queda por detrás con 22, polos 20 de Nico, de Antoxos, e 17 de Míchel, do Atrio. Como porteiro menos batido temos unha gran loita entre Rafa, do Praia de Quenxe, e José Manuel, do Atrio.

O Estética Raquel manda na 2ª

Mentres, en 2ª División, o Estética Raquel está destacado na táboa. Os muxiáns non coñecen a derrota e sacan 7 puntos ao Bar Recunquiño-Marigel. Montaxes Quintaplás e Bar Raíces están preto e loitarán por meterse na segunda praza.

O máximo goleador da categoría é o coñecido Poyo, do Raíces, con 4 tantos. Por detrás atopamos con 22 a Fran, do Recunquiño, e con 21 a Fernando, do Recreativo. Como porteiro menos goleado temos a Vilela, do Estética Raquel, por diante de Santi, do Recunquiño e Adrián, do Quintaplas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).