O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada

A sorpresa da xornada na 1ª Autonómica foi protagonizada polo Balonmán Camariñas. Os de Dioni Quenlle gañaron en casa do equipo que viña invicto de toda a primeira fase da liga e un dos favoritos de face a facerse co campionato, o Explotacións Mineiras do Morrazo. Os conserveiros quedan 3º nesta liguilla polo título con 3 puntos en 2 partidos.

Datos do encontro

  • Resultado: Explotación Mineiras do Morrazo Cangas, 21 - Boya Balonmán Camariñas, 24.
  • Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Fari (1), Frutos, Felipe (6), Quin (5), Moncho (1), Salva (4), Catalán (4), Xabi (1), Perón (2).
Un gran partido en defensa que deixou aos favoritos en só 8 goles no primeiro período, e cun Felix inspirado que fixo numeros impresionantes, paro 4 penaltis e detivo mais do 50% dos tiros recibidos. Gran traballo en equipo de todo o Camariñas que sempre foi por diante no marcador, aínda que os de Cangas xamais deron o partido por perdido e simpre estiveron apertando, impedindo que os visitantes fósense o o marcador, ata no primeiro cuarto do segundo tempo apertaron acercandose perigosamente no electrónico, pero o equipo camariñán soubo aguantar para poder chegar aos minutos finais gañando de catro, para terminar cun marcador 21-24 polo que poucos apostaban. Destacar polo Camariñas a Felix, Felipe e Salva, por esta orde.

Derrota do Encaixe

Pola súa banda o equipo palilleiro caeu na 13ª xornada da Liga Autonómica Feminina. O Balonmán Encaixe, xa sen Bruno López no banco, colleitou a súa dçecima derrota na pista do Bm. Tui por 32-26.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: C.B. CAMARIÑAS-CONSERVAS BOYA - CALI PAVI ATL. NOVÁS: sábado 29/01//articulo/outros-deportes/o-balonman-camarinas-celebra-o-seu-pase-a-seguinte-fase-cunha-visita-a-cerdeimar-e-unha-boa-verbena/20101224063905066708.html ás 18:30h no PAVILLÓN MUNICIPAL O AREAL.
  • Liga Autonómica Feminina: BALONMAN CASELAS - ENCAIXE CAMARIÑAS: sábado 29/01//articulo/outros-deportes/o-balonman-camarinas-celebra-o-seu-pase-a-seguinte-fase-cunha-visita-a-cerdeimar-e-unha-boa-verbena/20101224063905066708.html as´17:00h no PAVILLON MUNICIPAL DE SALCEDA.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.