O balonmán e o a música enchen Camariñas

Uns 260 xogadores participaron o sábado na fase final provincial de balonmán Completísimo fin de semana viviron os veciños e as veciñas de Camariñas. Deportivamente falando, a vila converteuse o pasado sábado no centro do balonmán xa que se diputou aquí a fase final a nivel provincial na que participaron 260 rapaces. Dende primeira hora do pasado sábado e cun esixente calendario de competición, rapaces e rapazas de toda a provincia protagonizaron unha intensa loita en pos do título. Finalmente foron os rapaces da escola municipal de Abegondo os que se fixeron cos títulos en ámbalas duas categorías e sen deixar opción aos seus rivais.
Na fase final de balonmán participaron equipos chegados dende toda a provincia Nenos e nenas de Carballo, Arteixo, A Coruña, Abegondo e de Camariñas foron os protagonistas da xornada deportiva. Polo que o evento, que serviu de potenciador da economía local principalmente ao sector hostaleiro, obrigou á organización e aos efectivos do departamento de Deportes a un importante esforzo durante toda a xornada. Escola de música
Máis de 300 persoas asistiron ao concerto de fin de curso da escola municipal de música Por un lado, máis de 300 persoas ateigaron onte a Casa de Pedra da vila para asistir o concerto fin de curso celebrado polos alumnos da escola municipal de música. En total foron 55 os alumnos que se subiron ao escenario para interpretar as distintas pezas aprendidas durante o curso.  Ofreceron un amplo repertorio de temas clásicos e contemporáneos a través de distintos intrumentos (guitarra, baixo, batería, piano e iniciación musical). Ao concerto asistiron distintos represetantes do concello camariñán entre os que estaban Sandra Tedín - teniente alcalde -; Sergio Camaño - concelleiro de Cultura - e Manuel V. Alonso - o alcalde - que fixo a entrega aos alumnos e alumnas mais novos dun diploma conmemorativo. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Camariñas