O Balonmán Encaixe de Camariñas comeza a campaña con bos reforzos

Un novo clube únese á familia de QPC, qegue reafirmándose como o punto de encontro do deporte da Costa. Hoxe, o adestrador do B.M. Feminino Encaixe-Camariñas, Bruno López, facíanos chegar a primeira nota de prensa na que nos informa da situación do clube de cara ao comezo de campaña. De feito, o Encaixe Camariñas, debuta este sábado en competición oficial ante o B.M. Rasoeiro, no encontro correspondente á eliminatoria da Copa Galicia que se celebrará o sábado ás 17:00 horas no Pavillón da Sagrada Familia (A Coruña).

Reforzos

Raquel Aneiros Fernández “Minchu” (Ferrol, 1985) e Ana Lage Martínez (A Coruña, 1989), procedentes do B.M. Coruña, son as dúas últimas incoporacións do B.M. Feminino Encaixe-Camariñas para a presente campaña, que se suman ás de Jessica Posse e Sara González. Raquel, máis coñecida coma “Minchu”. Minchu chega para reforzar a banda dereita do conxunto camariñán, pode xogar tanto de lateral coma de extremo dereito, caracterízase pola súa gran calidade técnica e por ser unha boa finalizadora. Pola súa parte Ana Lage, ocupará o posto de extremo esquerdo e aportará velocidade e forza ao equipo. O adestrador do Encaixe, Bruno López declarouse satisfeito cos reforzos da presente campaña: “estou moi contento coas novas incoporacións, están a amosar moitas gañas de traballar e penso que se van a adaptar moi rápido ao xogo do equipo; en principio con Minchu e Ana damos por cerrado o plantel, a non ser que chegue alguén que mellore notablemente as nosas aspiracións, estamos a traballar con vinte xogadoras das que sete son xuvenís, polo tanto temos un bloque xove e compensado, estou moi contento co grupo que teño “. O Encaixe-Camariñas disputou un amistoso o pasado sábado fronte ao equipo cadete masculino do Balonmán Ártabro, onde saíu gañador o cadro herculino ante unha moi boa imaxe das camariñanas; destacable a gran reaparición de Karina depois de seis meses de inactividade pola unha lesión de xeonllo e boa actuación das xuvenís Cristina Sande e Nerea López, que asumiron o mando do equipo a pesar da súa xuventude. De cara a este partido, Bruno López contará coas baixas de Cristina Barreiro, que aínda non se incorporou ao traballo co grupo, Juana, Fátima, Ana e Cristina Sande, que non poderán acudir por motivos persoais. Na convocatoria figuran: Sandra e Sara-porteiras-, Sheila, Aida , Vero, Sara González e Ana Lage – segundas liñas- e Laura, Nerea, Jessi, Alicia, Minchu e Karina – primeiras liñas-.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Bruno López, Adestrador do B.M. Feminino Encaixe-Camariñas.