O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá

Arturo Ferraces do Basket Xiria nas Escolas de Ponteceso Mentres os equipos carballeses do Basket Xiria se poñen en marcha, por Ponteceso, o club Bergantiñán segue intentando afianzar un traballo de canteira que arrincaba o ano pasado. O convenio da Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso con Basket Xiria continúa. De feito, nestes primeiros días, xa comezou a actividade, para comezar con forza o 1 de outubro. Así Ponteceso, Corme, Cospindo, A Graña, Langueirón, Nemeño, Niñóns, Pazos, Tallo, Tella, Xornes, xa teñen unha nova oferta deportiva.

Os cativos e cativas de Ponteceso, xa poden anotarse a Baloncesto no Concello falando con Arturo Ferraces (607 847 925), enviando un correo a remedios.varela@ponteceso.es ou no propio Concello.

Igualmente, o club invita a outros concellos a comezar a mesma andaina baloncestística que se desenvolve en Ponteceso.

O alcalde Carballido e o Concelleiro de Deportes Marco Varela

Novas relacionadas

Fonte

  • Basket Xiria.