xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá

O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá
Arturo Ferraces do Basket Xiria nas Escolas de Carballo Arturo Ferraces do Basket Xiria nas Escolas de Ponteceso Mentres os equipos carballeses do Basket Xiria se poñen en marcha, por Ponteceso, o club Bergantiñán segue intentando afianzar un traballo de canteira que arrincaba o ano pasado. O convenio da Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso con Basket Xiria continúa. De feito, nestes primeiros días, xa comezou a actividade, para comezar con forza o 1 de outubro. Así Ponteceso, Corme, Cospindo, A Graña, Langueirón, Nemeño, Niñóns, Pazos, Tallo, Tella, Xornes, xa teñen unha nova oferta deportiva.

Os cativos e cativas de Ponteceso, xa poden anotarse a Baloncesto no Concello falando con Arturo Ferraces (607 847 925), enviando un correo a remedios.varela@ponteceso.es ou no propio Concello.

Igualmente, o club invita a outros concellos a comezar a mesma andaina baloncestística que se desenvolve en Ponteceso.

O alcalde Carballido e o Concelleiro de Deportes Marco Varela O alcalde Carballido e o Concelleiro de Deportes Marco Varela

Novas relacionadas

Fonte

  • Basket Xiria.

Comentarios