O campionato de Judo do Nadal reuniu a máis de 100 deportistas en Carballo

O campionato estivo organizado polo Judo Club Bergantiños e disputouse no pavillón Vila de Noia Un total de 104 deportistas divididos en 12 equipos de toda a provincia da Coruña participaron o pasado domingo no campionato de Judo do Nadal Carballo 2016 celebrado durante toda a xornada no pavillón Vila de Noia, e organizado polo Judo Club Bergantiños coa colaboración do concello carballés. Máis de 200 persoas asistiron como público para non perder o espectáculo no que participaron agrupacións de categoría alevín por equipos mixtos. Ademais, durante a cita recolléronse xoguetes novos para Cruz Vermella Carballo e colaborar así coa campaña que a entidade desenvolve este Nadal no municipio para que ningún neno quede sen xoguete estas festas. No que se refire aos resultados, no grupo A impúxose o equipo Axiña A, seguido do Ferrolterra Judo Club; e o terceiro posto foi para os clubs Arteixo e Compostela. No grupo B gañou o equipo San Francisco Teo, co segundo posto para o Judo Club Laracha-Karbo; estiveron seguidos polo equipo Xogos da Amizade e o Judo Club Bergantiños. No grupo C no primeiro lugar quedou Fibra, co segundo posto para o Judo Club Cambre e as seguintes posicións ocupadas polo Axiña B e o Camariñas.
cam

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo