O CDM Piragüismo de Dumbría trae tres medallas de Salvaterra de Miño

Brais Pérez, da categoría xuvenil, demostrou durante a competición que está capacitado para acadar o podium O CDM Piragüismo Dumbría fíxose con tres medallas ademais de clasificarse para as rondas finais na II Copa Galega de Slalom que se celebrou o pasado domingo en Salvaterra do Miño. O percorrido ao longo do río Tea - un percorrido bonito á par de técnico - permitiu que os xogadores demostrasen as súas mellorías no ritmo de competición, ainda que con fallos que nalgún caso, sobre todo no K1 masculino que lles impediu facerse cun chanzo no podium. Na modalidade do K1, as medallas foron para as dúas representantes do club costeiro, con Lorena Costa acadando o segundo posto na categoría Xuvenil, e Alexia Canosa o bronce na categoría infantil. Entre os rapaces, Marcos Cancela foi bronce, a pesar de perder muitos segundos nun remonte. O mesmo lle pasou a Brais Pérez xa na categoría xuvenil: un erro nun remonte o apartou dos postos de podium os que demostrou que está claramente capacitado de acadar. Fran fixo unha bonita competición tanto no K1 coma sobre todo no C1 cadete, nesta última modalidade so superado por canoistas becados en centros de tecnificación. Por último, Marco Oreiro na categoría senior acusou a súa inactividade debido os seus estudos universitarios, pero mesmo así realizou una boa competición. A vindeira proba xa é a Copa de España de Slalom que se celebrará a última fin de semana de febreiro na vila francesa de Orthez, onde o CDM Piragüismo Dumbría xa poderá contar coa participación dos seus dous deportistas concentrados no equipo nacional sub23 Iago Canosa e Jorge Quintáns. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CDM Piragüismo Dumbría