A II Liga de verán de fútbol sala Concello de Muxía esta chegando ó final da sua fase regular. Os 8 equipos que se clasificarán para os playoffs xa están casi decididos e a non ser sorpresas de última hora tanto A Lareira como Praia de Quenxe quedarían fóra da loita polo titulo.
No apartado de goleadores sigue liderando a clasificación Fran do Fisober con 15 tantos en 6 partidos, seguido moi de cerca por Kevin do P. Inferno-Barral con 13 e por Aitor do Clínica Sar con 12.
Os porteiros menos goleados son Santi e Simón do Clínica Sar con tan só 8 tantos encaixados en 6 partidos e xa máis distanciado Rafa do Fisober con 17.