O Club Cabo Touriñán vence ao líder e espalla o xadrez polas escolas de Muxía

Gran semana de xadrez en Muxía. O Cabo Touriñán conseguía vencer ao líder na 4ª xornada da 2ª División, mentres que o club espalla a semente deste xogo polos centros de ensino, a través do programa Xadrez na Escola.

2ª División, Grupo C, xornada 4

  • Resultado: Cabo Touriñán - Nemenzo (3-1)
    - José Soneira - Mario García (1-0)
    - Ramón Franco - Alfonso Fernández (0-1)
    - Tomás Lago - Bernardino Blanco (1-0).
    - José Sar - Pablo Roibas (1-0).
Partidas do Club Xadrez Cabo Touriñán contra o Nemenzo

Tralas catro primeiras rondas, o Club Xadrez Cabo Touriñán sitúase na metade da táboa clasificatoria, con 8 ptos de 16, despois de esta vitoria ante o líder Nemenzo, que ten 11.

Destacar que Soneira logrou o 100% dos puntos (catro vitorias) e esta xornada xogou a mellor das partidas cun ataque con sacrificio de Dama incluido. Pola súa banda, Ramón que levaba as pezas negras saíu da apertura con desvantaxe posicional pero conseguiu chegar a un final igualado e con máis tempo que o seu rival, pero cometeu un erro que o seu rival soubo aproveitar.
Tomás aguantou ben o ataque do xogador de Nemenzo que abandonou tras deixarse peza na xogada 29.

Vindeira cita

A próxima fin de semana toca visitar Ames, o 4 de marzo.

 

Programa Xadrez na Escola

Este mesmo martes, arrinca en Muxía o Programa Xadrez na Escola, a través do club Cabo Touriñán. Será hoxe a presentación do club no CEIP Virxe da Barca, e ao longo das vindeiras semanas tocarán tamén no CEIP Vilarmide e no dos Muíños.

Un programa destinado aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, con 4 sesións por centro, cunha sesión dunha hora ao mes, co obxectivo de introducir e promocionar o xadrez nos centros escolares a base de sesións lúdicas que presentan este xogo de estratexia como ferramenta educativa.

 

Máis información

Para os máis interesados, as partidas pódense reproducir en xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).