O Club Patín Velúa de Malpica participou no Torneo Internacional Ciudad de Getxo

O Club Patín Velúa de Malpica en Getxo
A mestra Ariadna entregando unha peza da Oleria de Buno

Ata Euskadi marchou unha expedición malpicá do Club de Patín Velúa para participar no II Torneo Internacional Ciudad de Getxo. E volveu con tres podios, ademais, de deixar a pegada oleira, pois a adestradora do equipo, Ariadna, fixo entrega á entidade organizadora, como agradecemento polo convite, dunha peza de Olería de Buño doada polo Concello de Malpica.

O Velúa regresou a Malpica con tres trofeos e moitísimas experiencias no torneo organizado polo club Patinaje Show do municipio vizcaíno. Os resultados deportivos foron espectaculares, xa que Sara Abelenda foi a primeira clasificada na categoría C nacional, e Valeria Figueroa e Andrea Aldao foron segunda e terceira, respectivamente, na categoría B nacional.

A expedición estivo integrada por seis xovencísim@s patinador@s. Ademais de Sara Abelenda, Valeria Figueroa, Andrea Aldao, a terras vascas desprazáronse tamén Carla Calvete, María Mira e Rubén Parga, acompañados pola súa adestradora, Ariadna, que fixo entrega á entidade organizadora, como agradecemento polo convite, dunha peza de Olería de Buño doada polo Concello de Malpica.

A malpicá do Patin Velua Sara Abelenda quedou campiona en Getxo na súa categoría
Valeria Figueroa e Andrea Aldao segunda e terceiras en Getxo

Fonte

  • Concello de Malpica.