O CN de Camariñas abre a inscrición para o V Descenso en Kaiak dende a Ponte do Porto
O vindeiro xoves 20 de xullo remata o prazo para inscribirse no V Descenso de Kayak entre Ponte do Porto e Camariñas, evento organizado polo Club Náutico de Camariñas. Unha cita que terá lugar o vindeiro 22 de xullo, cando dende as 16:00h partan da Ponte centos de piraguas río abaixo para chegar, arredor das 19:00h aos os pantaláns do Club Náutico de Camariñas, complentado así un percorrido aprox. dunhas 4 millas (7 km).
Unha experiencia impresionante a que se poderá vivir na ría camariñá. Haberá, por se acaso, un punto de desembarco/descanso breve na praia marítimo fluvial do Ariño. Despois toca o paso máis complexo,superar a ría ata chegar a praia de Lingunde, onde terá lugar outro breve desembarco/descanso. De alí pasarase pola zona industrial de Industrias Cerdeimar e xa se continúa ata o porto deportivo do Club Náutico de Camariñas.
A navegación realizarase en grupo compacto, prohibíndose a navegación en solitario. Na cabeza do grupo e pechando o mesmo, irán as lanchas do equipo de organización.
Inscrición
Aberta ata ás 14:00h no 20 de xullo, os prezos de inscrición: 5 € para o seguro de accidentes individual e obrigatorio.
Ademais, para os que non dispoñan de kayak, poderán alquilalo mesmo xa sexa individual (socios do Club Náutico, 10 €, e non socios, 15 €), ou kayak doble ( 20 € para socios do Club Náutico, e 30 € non socios).
Para inscribirse únicamente é necesario cubrir a ficha de inscrición podendo solicitala directamente nas oficinas do Club Náutico. Tamén pode remitirse por correo electrónico (cncamarinas@cncamarinas.com), despois de descargala ficha dende a notica do descenso na páxina web do Club Náutico de Camariñas (www.cncamarinas.com).
Para que vexades, así a cita de 2014 dende o kaiak Miguel Álvarez:
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).