O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa

Os membros do Concello de Mazaricos de tenis de mesa nun partido da tempada pasada

Esta pasada fin de semana a familia do tenis de mesa soneirán volvía á normalidade coas competicións ligueiras, tras disfrutar dos campionatos estatais. Só o equipo de nacional conseguía sumar os puntos, mentres o Mazaricos quedou as portas de sumar 3 importantes puntos de cara ao ascens.

3ª División Nacional

  • Resultado: AD ZAS PONCIANO NIETO - CAMBRE TM (6-0) (18-1).

Superioridade do AD Zas Ponciano Nieto ante un Cambre TM que se desprazou con xogadores non habituais pois xa prevían a derrota. Así os xogadores de Zas gañaron todos os seus partidos con comodidade e so Brais Blanco cedeu un set máis para que eles non levasen ese casilleiro a cero que por outra cousa. Resaltar que no ximnasio de Zas non se superaron os 0º de temperatura durante todo o encontro polo que ao final todos xuntos foron tomar algo quente e falar de tenis de mesa pero non dos partidos disputados pois estes non tiveron historia.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: CONCELLO MAZARICOS – OROSO TM HOTEL SANTA CRUZ 3-3 (13-11).
  • Resultado: SANTA COMBA - OROSO TM HOTEL SANTA CRUZ 0-6 (1-18)
  • Resultado: LICEO NOIA “E” - VIMIANZO TM 4-2

Non puido refrendar o Concello de Mazaricos a súa candidatura ao ascenso e fallou ante outro dos candidatos a dito obxectivo. E pintaban ben as cousas pero no último partido fallou José Ángel que despois de ir gañando 2-0 con soltura, deixouse ir e perdeu 2-3 e así os de Oroso levaron un empate co que non contaban.

Logo nada poideron facer os de Santa Comba ante uns xa crecidos xogadores de Oroso e estes foron moi superiores aos xalleiros, con todo Brais Gesto e Cristian Vilar fixeron frente e disputaron sets moi reñidos.

Desprazáronse os de Vimianzo cun equipo de circunstancias ata Noia e así só Laura conseguiu gañar os seus partidos pero valiulle aos demais para coller experiencia. A gripe, as lesión e outras ocupacións priváronlle aos de Vimianzo de sacar algo positivo deste desprazamento.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.