O Deporte volveu ás rúas de Cee a pesar do tempo

Que tempos aqueles nos que o fútbol de verdade se daba na Alameda… Que tempos cando a canasta de Camiños Chans era a máis vivida… A rúa ten ese aquel para medrarnos, e onde os máis grandes deportistas mundiais forxaron os seus inicios.

Este pasado sábado, o deporte volveu ás rúas ceenses, a pesar de que o orballo obrigou a adiantar o peche das xornadas. O II Día do Deporte na Rúa de Cee sacou a centos de nenos á rúa, para disfrutar do baloncesto, o fútbol sala, o atletismo, o ciclismo, o fútbol, etc… A zona de Domingo Antonio de Andadre, a Praza 8 de marzo e a Praza da Constitución de Cee convertíronse en pistas, onde os rapaces e, non tanto, o pasaron en grande. Alí estiveron todas as entidades deportivas do concello.

Na Praza do Concello houbo Clases dirixidas de zumba e Obradoiro de primeros auxilios, protección civil, policia local, etc.

A Rúa Domingo de Andrade encheuse de Actividades atléticas a cargo do club local ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA; de Baloncesto a cargo do club local A.C.B. COSTA DA MORTE e de Fútbo a cargo da S.R.D. UNIÓN CLUB CEE.

E a zona da praza da Constitución acollía un Circuíto bicicletas a cargo do CLUB CICLISTA CEE (fronte o museo Fundación Fernando Blanco), unha posta de Fútbol Sala a cargo do FÚTBOL SALA FEMININO VILLA DE CEE (na alameda) e unha marea Hinchables e 2 mingolfs a cargo de AQUACENIT, S.L..

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotos de Rafa Quintáns.