O equipo Master do Fogar dá un espectáculo en Ponteareas
O pasado domingo a piscina do Complexo Deportivo Alvaro Piñeiro en Ponteareas, albergaba o Campionato Galego de Natación Master de Inverno, que reunía nesta ocasión a 17 clubs galegos e un total de 238 veteranos. E aló estaba a expedición carballesa do Fogar Natación, con 16 nadadores entre os que se repartían un botín nada despreciable de 27 medallas, 1 record galego e 11 mellores marcas do club, ademais de ser 3º da masculina, 11º da feminina e 5º conxuntos por equipos.
Cómpre destacar en categoría masculina a mellor marca galega de Juan Pérez (35-39anos) nos 200 libres, as 6 mellores marcas do club e as 21 medallas, 7 ouros, 12 pratas e 2 bronces. Xa en categoría feminina as representantes bergantiñás lograban 5 mellores marcas do club e outros 5 metais, 2 ouros, 2 pratas e 1 bronce. Ademais en categoría mixta conseguíase outra presea, a prata da substitución 4x50 libres mixto.
Xa poden ver todos os resultados do evento en fegan.org.