O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional

Non conseguiron os dumbrieses revalidar o título do ano pasado, pero Dumbría cumpliu o obxectivo que ser a referencia estatal de Volei Praia. 41 equipos – 24 femininos e 17 masculinos – do panorama nacional estiveron competindo polo Campionato de España de Volei praia Cadete no Ézaro durante toda a fin de semana, sendo máis de 500 as persoas que pernoctaron ao longo de toda a bisbarra. Unha nova demostración de como o deporte serve como motor económico.
E ollo, que as pistas do areal aínda terán máis citas, esta fin de semana cos campionatos locais da Festa da Praia e a vindeira co Campionato Galego Senior.

Galicia ten canteira

Podio galego no Campionato de Espana de Volei praia Cadete

Se ben os Costa, Sergio, Raúl e Gael non puideron subir ao podio, si que demostraron xunto ao resto de equipos galegos, que Galicia ten boa canteira. O Campión de España ao Barraña Volei Praia no apartado masculino. Os boirenses collen a testemuña do CF Dumbría, gañador da pasada edición e volven a levar o nome da nosa comunidade ao máis alto do panorama nacional. Pero os barbanceses non estiveron sós no podio, xa que o Club Vigo Voleibol lograba tamén sumar unha medalla, a de bronce, no mesmo campionato. Un logro que acariñaron as rapazas do Volei Praia Vigo, que por moi pouquiño quedaron fóra do caixón, nunha moi meritoria cuarta praza.

O CF Dumbría rematou finalmente na décimo séptima praza. Os da Costa da Morte non puideron tampouco co CD Cádiz nin co Voleiboleros Sada.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)