O Festival Castelo Rock xógase cun 3x3 de FS

Esta ponte de 6 e 8 decembro, a Asociación C.R..D. Praia do Castelo, organizadora do Festival Castelo Rock (e do Castelo Rock Expresso celebrada a pasada fin de semana), artella un maratón de Futbol sala 3x3.

A cita será no pavillón de Miraflores, e xa se poden escribir, ata este mesmo sábado 3 de decembro, chamando ao 652 820 784, polo facebook ou a info@castelorock.com.

Os equipos son de 4 xogadores.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).