O Fisober faise a foto de familia e celebra a convocatoria das súas estrellas

O Club Fisober aproveitou que o sábado pasado xogaban os seus equipos como locales para realizar a foto oficial da tempada 2012-13 asi como de todos os seus equipos. Non foi a mellor xornada deportivamemte falando, pero tivo os seus momentos.

I é que a familia vimiancesa puido celebrar dúas boas novas:

Por un lado, a xogadora muxiana Patricia Romaní Vilela, Patri, volve á Selección Galega, e disputará esta fin de semana a fase final do Campeonato de España de selección territoriales.
O combinado galego enfrentarase a Selección madrileña o sábado ás 12:00 h no Polideportivo de Zaburdon, na localidade madrileña de San Lorenzo del Escorial, si conseiguen a vitoria enfrontaranse o gañador do partido entre Castela a Mancha vs Valencia o domingo ás 11:00 h.

Pero ademais, as xogadoras do Fisober, Myrella Ventura e Noelia Garcia están convocadas cun combinado de xogadoras da zona de Ames para enfrentarse á Selección Galega con motivo da celebración da II Gala do Deporte Femenino do Concello de Ames, o partido disputarase o sábado ás 18:00 h no Pavillón de Milladoiro en Santiago.

Ambos equipos xa pensan nesta vindeira xornada. O Fisober B disputara este sábado ás 20:00 h no Pavillón de Novo Mesoiro o penúltimo partido de Liga, o rival será as Espartanas coruñesas, equipo co que perderon na 1ª volta por un axustado 1-2.

Máis información

Novas relacionadas

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.