O Fútbol carballés demostrou, unha vez máis, a súa solidariedade

Cea Solidaria da SD Sofán con AECC
O Concelleiro Marcos Trigo na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC

Nova demostración de que cando Deporte e Solidariedade se unen, xérase unha combinación ideal. Volveu a SD Sofán a organizar a súa xa tradicional Cea Solidaria do ano, neste caso en favor da Asociación Española contra o Cancro (AECC). E non é casual que a SD quixera tinguir de rosa esta celebración, pois é unha problemñatica que coñece moi de preto o club carballés, xa que que ten a desgraza de ter dous casos desta enfermidade.

Unhas 300 persoas acodiron á cita no Restaurante Punta del Este e fixeron as súas donacións voluntarias na urna da entidade sen ánimo de lucro. Numerosas caras coñecidas do fútbol costeiro, así como do eido social e político, non se quixeron perder esta cita.

Para as anécdotas quedarán eses sortes que caeron nuns xogadores que parecen tocados por unha variña máxica, e que manteñen a un pequeno club dunha pequena parroquia de Carballo competindo en toda unha Preferente.

 
300 persoas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC
Urna da AECC
Representantes da Federacion Galega de Futbol na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC
Personalidades politicas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC
Xogadores na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).