Martes. 10.09.2024
El tiempo

O Fútbol carballés demostrou, unha vez máis, a súa solidariedade

O Fútbol carballés demostrou, unha vez máis, a súa solidariedade
Cea Solidaria da SD Sofan con AECC 1 Cea Solidaria da SD Sofán con AECC O Concelleiro Marcos Trigo na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC O Concelleiro Marcos Trigo na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC

Nova demostración de que cando Deporte e Solidariedade se unen, xérase unha combinación ideal. Volveu a SD Sofán a organizar a súa xa tradicional Cea Solidaria do ano, neste caso en favor da Asociación Española contra o Cancro (AECC). E non é casual que a SD quixera tinguir de rosa esta celebración, pois é unha problemñatica que coñece moi de preto o club carballés, xa que que ten a desgraza de ter dous casos desta enfermidade.

Unhas 300 persoas acodiron á cita no Restaurante Punta del Este e fixeron as súas donacións voluntarias na urna da entidade sen ánimo de lucro. Numerosas caras coñecidas do fútbol costeiro, así como do eido social e político, non se quixeron perder esta cita.

Para as anécdotas quedarán eses sortes que caeron nuns xogadores que parecen tocados por unha variña máxica, e que manteñen a un pequeno club dunha pequena parroquia de Carballo competindo en toda unha Preferente.

  300 persoas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC 300 persoas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Urna da AECC Representantes da Federacion Galega de Futbol na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Representantes da Federacion Galega de Futbol na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Personalidades politicas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Personalidades politicas na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Xogadores na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC Xogadores na Cea Solidaria da SD Sofan con AECC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios