O Fútbol Sala será protagonista en Semana Santa
18 de marzo de 2016 (15:06 h.)
Dúas citas ben interesantes para que non pare o deporte por Semana Santa. En Vimianzo e Esteiro toca fútbol sala.
Campus Fisober
Por segundo ano o Fisober artella o seu Campus de Semana Santa, e xa hai máis de medio centenar de nenos e nenas inscrit@s. Hoxe venres 18 de marzo era o último día para inscribirse.
Maratón en Esteiro
As Roxiñas de Lira organizan o XI Maratón de Fútbol Sala en Esteiro para todos os equipos que queiran apuntarse. O Maratón arrincarán o 24 ás 15:00h e poden anotarse no 667 396 262.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).