O Judo Club Bergantiños continúa a súa exitosa pretemporada
24 de xaneiro de 2017 (06:28 h.)
Este pasado 22 de xaneiro a familia do Judo Club Bergantiños participou no Campionato por equipos mixto de Culleredo. E foi unha boa competición para os costeiros, mantendo moi positiva esta pretemporada, e convertíndose nun paso máis de preparación para os campionatos rexionais e nacional.
Concretamente en categoría alevín, os bergantiñáns conseguiron a medalla de bronce e en categoría infantil un quinto posto.
Novas relacionadas
Fonte
- Club Judo Bergantiños.