O Oso Polar Costa da Morte pecha o plantel con dúas novas incorporacións
19 de setembro de 2010 (19:20 h.)
Novas incorporacións
O equipo perdeu respecto da pasada tempada a dous xogadores (Luís por traballo e Félix por estudos) que ocupaban as posicións de escolta e alero respectivamente. Así pois para compensar ditas baixas incorporáronse Noel e Deril. Noel é un alero moi forte con gran presenza física que destaca polos seus bos movementos no poste baixo e a súa dura defensa axudando moito no rebote aos xogadores interiores. Pola súa banda Deril é un escolta moi rápido con moita mobilidade e facilidade para anotar en transición dado que corre moi ben o contraataque. Con estas dúas fichaxes conséguense compensar as baixas de Luís e Félix pero segue sen pecharse a fichaxe do tan ansiado base que complemente a Javi e Manuel na dirección do equipo. Á marxe destas fichaxes confírmase a incorporación ao primeiro equipo de varios xogadores da canteira que a pasada tempada formaban parte do equipo junior masculino: Fabián (base) e Andrés (escolta).Plantel 2010 / 2011
A expensas dalgunha fichaxe de última hora a composición do persoal de cara á próxima tempada é a seguinte:- Bases: Javi, Manuel e Fabián.
- Escoltas: José, Busto, Deril e Andrés.
- Aleros: Santi, Roberto e Noel.
- Ala-Pivot: José Ramón e David.
- Pivote: Iván e Pais.
Intensa preparación
Por outra banda o persoal continúa os adestramentos de pretemporada que se centrarán no traballo físico con vistas a alcanzar o nivel óptimo para o duro inicio de liga que lles espera ao ter que enfrontarse nas dúas primeiras xornadas ao Celtas de Foz e ao C.B. Atocha que pasan por ser os dous grandes favoritos no grupo Norte da Liga FGB.Máis información
Novas relacionadas
- Dúo de adestradores para dirixir ao Oso Polar.
- O Oso Polar xa quence motores para o reto da Liga Sénior.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.