O Piragüismo Dumbría acode a Copa de España coas miras no equipo nacional

Brais Pérez

Comezaban a tempada a pasada semana, e xa están en plena costa. Esta fin de semana comeza a Copa de España de Slalom de Augas Bravas, e faino en Galicia, en augas do río Tea o seu paso por Mondaríz Balneario. E alí estará como non podía ser de outra maneira a representación do CDM Piragüismo Dumbría.

Unha proba que é clasificatoria para os selectivos do equipo nacional, onde o clube dumbriés ten posto o obxectivo este ano.

Preparando estes selectivos que terán lugar nas canles artificiais de La Seu d´Urgell e de Pau, en Francia, competiron a pasadoa fin de semana na Copa Catalana no Parque Olimpico de La Seu unha representación do clube encabezada por Iago Canosa que quedou 5º na categoría absoluta: Jorge Quintáns, 2º mellor clasificado na categoría xuvenil; Lorena Costa, que na primeira manga fixo o mellor tempo cadete, antes de saltarse unha porta na final, e Marcos Sánchez, que foi 8º.

As sensacions e a motivación para esta proba son moi altas tamén no resto da espedición dumbriesa, que se completa con Marco Oreiro no C1 senior, Cristian Gonzalez e Miguel Castro no K1 xuvenil, e Brais Perez e Francisco Romar no K1 cadete.

Cristian González
Jorge Quintáns
Lorena Costa
Marcos Cancela Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).