O polvo do século

  • O día máis grande na historia do Sofán deixou un ascenso a Preferente para o recordo; unha categoría que tamén mantivo o Xallas cun éxito no campo do gañador da categoría
Xallas e Sofan xogaran a Preferente o ano que vén despois das xestas deste histórico domingo 22 de maio de 2016 A orxía de sentementos desfrutada polo Sofán foi unha noite de paixón cociñada a lume lento, pouco a pouco. A conquista da Preferente comezou cunha seducción lenta e progresiva en forma dunha recta final de liga espectacular, case sen que ninguén se dera conta. Ata que a 'rubia' estaba no bote. Esa rubia en forma de promoción de ascenso se fixo a dura no Carral, cun traballado empate sen goles, pero ao final acabou caendo aos encantos dunha máquina perfectamente engraxada coma o equipo de Josito, que pasou por riba do ambiente, da encerrona en forma de fútbol rácano e da dificultade do marcador, e sacou un triunfo que deixa aos bergantiñáns por primeira vez na máis alta categoría autonómica. O gol de Félix Garrote, a falta de oito minutos para o final, entra na memoria colectiva dunha forma parecida ao de Alfredo Santaelena no deportivismo. E seguro que en Outes tamén se celebrou de forma parecida, xa que case garante a salvación dos de Manu de Roque, a expensas dun ascenso. O do Xallas foi máis unha contrarreloxo digna de Cancellara ou Chris Boardman. Os combeses, mediada a tempada, loitaban co Dumbría por evitar o último posto da táboa. Agora remataron a liga con vintecinco puntos de vantaxe e totalmente salvados de calquera perigo de arrastre. O acto final foi coma o remate dunha obra de Wagner, que tras momentos de excitación acabou cun subidón en forma de vitoria no feudo dun Castro vencedor da categoría. Foi o epílogo a un manual de como debe ser un equipo que cre, que non renuncia a unha milagre, e cos conceptos ben clariños á hora de reforzarse e confirmar a súa aposta. 3 equipos teremos pois o ano que vén na Preferente Norte: Xallas, Soneira e Sofán! Co Xallas e a súa permanencia asegurada e co ascenso do Sofán, aínda hai equipos pendentes dos arrastres. O Agolada salvouse automaticamente, pero Outes e Coristanco aínda dependen dun paso máis. De 3ª baixan 4 equipos aos que hai que sumar, por agora, un polo o arrastre do Compostela, e deses 5, 4 son para a Preferente Norte. Co cual os 3 descensos da Preferente Norte convírtense en 7, dos que 5 son para o Grupo da Costa da 1ª Autonómica, máis o 6 Lalín, menos 1 polo ascenso da SD Sofán. Así, o Outes, e polo tanto igualmente o Coristanco para salvar a 2ª Autonómica, aínda necesita que se salve o Bergantiños, é dicir, que se salve finalmente Compostela ou que un equipo de 3ª galega ascenda á 2ªB, o que tamén provocaría a permanencia do Estudiantil. Quedaba nesta ocasión nun segundo plano unha Copa da Costa sen case sorpresas, máis alá da remontada do Corcubión ante o Seaia ou o cómodo éxito do Zas ante o Cee. Tamén meritorio e histórico foi o pase de Cerqueda e Mazaricos, xunto co Corcubión os conxuntos máis modestos nos cuartos de final. Pero o torneo do KO será noticia a partir da vindeira semana. Mentres, desfrutan do cigarrillo de despois un Sofán e un Xallas que dan para escribir un manual de como facer ben as cousas.  

Preferente Norte, xornada 38

CopadaCosta, Ida dos Oitavos

 

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

 

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)