O Porteño é finalmente Campión da Copa da Costa duns Veteranos que preparan o salto á Federación
Porteño, Campión de Copa
Posible integración na Federación
O punto máis importante da sesión, que puido decidir o futuro do Fútbol Veterano costeiro, trataba sobre a posible integración das ligas na Real Federación Galega de Fútbol. Tras varios anos de intentonas por parte da Federación, o fútbol costeiro mantívose fiel á Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa, que leva 16 anos organizando unha Liga cada vez máis bonita. Nese sentido, parece común o respecto de todos os clubs pola labor dos Modesto Parga, Antonio Cotelo, Manuel Vidal, Carlos Allo e Sebastiá0n Freire, entre outros. Pero este ano parece inevitable a integración nas ligas federadas. Xa a semana pasada 14 equipos confirmaban a súa integración á Federación. Así llo ratificaban 11 equipos na asemblea ao Comité (houbo bastantes equipos que non acodiron á cita), quedando só do lado da Asociación 5 equipos (Cabana, Ponteceso, San Román, San Lorenzo e Castriz), mentres que hai outra serie de equipos que aínda non decidiron. Todos coinciden, en todo caso, en que "non se deberían romper estas ligas tan bonitas", como recoñece o propio Parga. Clave se presenta a reunión da vindeira semana (o vindeiro venres ás 20:30 na sede da RFGF en Baio) coa Real Federación Galega de Fútbol, na que se podería ratificar o paso.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-campion-da-copa-da-costa-de-veteranos-fica-a-espera-dunha-reclamacion-por-posible-alinacion-indebida/ https://quepasanacosta.gal/14-equipos-de-veteranos-confirman-a-sua-integracion-nas-competicions-da-federacion/