O río Xallas ten unha cita co piragüismo galego

A 4ª Copa de Slalom Galego de Piragüismo desenvolverase nas augas da Costa da Morte. O río Xallas, no lugar de Castrelo, Mazaricos, acollerá esta importante proba do circuito galego. Organizada polo club mazaricán Sen Siras, a proba acollerá á crema dos padexeiros de Galicia este sábado 7 de maio, a partir das 11:00h.

Veñen fortes os equipos costeiros despois de triunfar na Copa de España de Piragüismo, así que a proba da casa será todo un desafío para eles e un espectáculo para os afeccionados.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Sen Siras