Este Nadal, o apretado calendario da Preferente Norte non lle permite ao Soneira descansar demasiado. Pero para unha boa timba sempre hai tempo. De feito, o clube vimiancés ten preparado un torneo de póker para este venres 7 de xaneiro. A cita será ás 23:00h no Centro Social de Vimianzo, ao carón do Vía Rápida.
Coma últimamente na Costa, a modalidade será a de NL Holdem Texas, e haberá 2.500 “puntos” en premios. O gañador, de feito, levará 1.100€ que non son ninguna broma.
Xa poden solicitar máis información nos números 625 714 098 e 667 650 002. O horario de inscrición será entre 22:00h e as 23:00h do mesmo día no propio Centro Social.