O soño do AD Zas estivo moi preto

AD Zas Aluminios Xeal non puido co Balaguer Cudo Consultors nunha históriva fase de ascenso para o tenis de mesa soneirán

O AD Zas Aluminios Xeal desprazábase a Collado Mediano, Madrid, para disputar unha intensa Fase de Ascenso a División de Honra. Era unha cita histórica en si mesma, pero non puideron ampliara lenda. Despois dunha excelente campaña e conseguir clasificarse para esta fase de ascenso ían as xogadores con moitas esperanzas de facer algo histórico, sabían que estaría moi difícil pois moitos equipos teñen entre as súas componentes a xogadora profesionais e extranxeiras, e cun presuposto moi por riba do que agora hai en Zas e contra eso puxeronlle toda a ilusión que se poida ter.

Fase de Ascenso a División de Honra

  • 1ª ronda: Tenis de Mesa Alcalá-Villalbilla - AD Zas Aluminios Xeal (1-4).
  • 2ª ronda: Balaguer-Cudos Consultors – AD Zas Aluminios Xeal(4-0).
Fixéronno moi ben, cun xogo sólido e de moito nivel, e así pasaron a primeira ronda eliminatoria e logo na segunda ronda tocaríalle a un equipo que na súa liga quedará 2º e que foi o único que conseguiu o ascenso dos 2ºs e 3ºs. Foi unha experiencia única e moi valiosa para todos e que esperemos que se poda repetir.

Só compre darlle a noraboa as xogadoras desta fase María Castro, Miriam Domínguez e Ana García, á ordes de Miguel Rey, e a todo o resto de componentes desta familia do tenis de mesa dos que moitos estiveron o sábado pendentes do móbil para saber as novas.

2ª División Nacional

  • Resutado: Embutidos San Esteban Cao – AD Zas Ponciano Nieto (5-1).

1ª División Galega

  • Resutado: AD Zas Construcciones Cernadas – SD Hípica (2-4).
Non deron as forzas para máis aos Edu Quintale, Gonchu e Brais Blanco e coa mente no que pasaba en Collado Mediano no fixeron frente aos de Narón, solo cando rematou o encontró de Madrid fixeron algo de resistencia pero xa era demasiado tarde, con todo unha segunda volta excelente para o AD Zas Ponciano Nieto que agora sí sintense preparados para competir nesta segunda división nacional. En canto haxa unha oportunidad repetirase a experiencia.

2ª División galega

  • Resutado: Concello de Santa Comba – Hípica Coruña (4-2).
  • Resutado: SD A Baña - Hípica Coruña (0-4).
  • Resutado: Liceo Noia “D” – VTM Pinturas FIgueiras (4-1).

Última xornada das ligas galegas con pouca historia pois só o Concello de Santa Comba se xogaba algo, gañando e que o fixese tamén o Arteal “B” quedaría segundo do grupo como así foi. A pesares de que se lles fixo a liga moi longa aos de Santa Comba acadaron un posto que lles dá posibilidades de ascenso para a vindeira temporada, para elo terán que esperar os ascensos doutras categorías e posibles renuncias, que sempre as hai. Agora descanso das ligas e recuperar forza e ánimos para a seguinte, e tamén máis entreno e preparación ou os demais pasannos por encima.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.