O taboleiro do Circuito Intercomarcal de Xadrez pasa de Oroso a Carballo

88 xogadores no Campionato de xadrez en Oroso
Fernando Sanchez do club de Rianxo, campion en Oroso

En marcha xa está o II Circuíto Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña. O pasado sábado eran 88 xogadores os que comezaban a mover as fichas en Oroso, e esta fin de semana toca Carballo.

As instalacións do CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro acollían IV Torneo de xadrez Concello de Oroso, a primeira proba do circuito que arman den o Club Cabo Touriñán. O torneo repartiu 800€ en premios, sendo ademais válido para ELO internacional de rápidas, i é que participaron xentes de Cuba, Irlanda, Ponferrada, Ourense, Tui, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Padrón, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Betanzos, Ferrol, As Pontes, A Coruña, Arteixo, Carballo, Zas, Muxía, Corcubión e de Oroso.

Foi o MF Fernando Sánchez do club de Rianxo aínda que residente en Santiago, o campión, gracias á súa calidade en ritmos rápidos, que lle serviu para superar a favoritos como Arian González na 7ª e Alex Astaneh. Con 6,5 puntos quedaron 2º Arian González, cubano residente en Ourense e xogador do Liceo, 3º MF Antonio Pazos e 4º Jorge Mejuto ambos do circulo Ferrolano.

Por bando costeiro, Daniel González do O Toque Xiria de Carballo, foi o mellor sub-18 e o seu compañeiro Roi Mira, mellor sub-8.

Ramon Franco en Oroso
Jose Soneira en Oroso

Vindeira proba

A próxima cita será o día 10 de xuño en Carballo cun torneo similar a leste en horario de tarde desde as 16:00 horas, máis información na web oficial www.pokeryajedrez.com.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).