O tenis de mesa costeiro deixou alto o pavillón no Torneo de Oleiros

Jose Ángel Lado Costa, 3º xuvenil masculino

Excelentes os resultados acadados polos nosos representantes no torneo de Oleiros, cun total de 8 podiums, dous primeiros e 6 terceiros postos ou semfinalistas.

Os maior numero de éxitos acadaronse o sábado nas probas por categorías donde os primeiros postos foron para Laura García (AD Zas) en benxamín feminino e Álvaro Pérez (SD A Baña) en alevín masculino, ambolos dous sen perder ningún partido en todo o torneo. E os terceiros conseguironno Lara Romero e Tatiana Recarey (AD Zas) en alevín feminino, Miguel Rivas (SD A Baña) en alevín masculino, José Ángel Lado da AD Zas en xuvenil masculino e logo o domingo na proba absoluta Miguel Rey (AD Zas) conseguía outro terceiro posto.

Laura García, 1ª benxamín feminina

A benxamín Laura García gañou os 6 partidos que xogou no único grupo que desta categoría se disputou no torneo, e Lara Romero, o mesmo que Tatiana Recarey quedaron segundas nos seus respectivos grupos na mañá do sábado e logo quedar nas semifinais e, por motivos familiares, non poideron esperar a entrega de premios. A boa sorpresa do sábado douna José Ángel Lado que se colou nas semifinais dos xuvenis. Pero maior sorpresa foi a de Álvaro Pérez, case descoñecido para o resto dos participantes aos que gañou, e, podemos incluir aquí tamén ao seu compañeiro Miguel Rivas, ambos enfrentaronse en semifinais e de non ser así estariamos falando, seguramente, dun segundo posto de Miguel. Moi bo o xogo mostrado e miras de chegar moi lonxe todos estes da SD A Baña. e AD Zas.

Álvaro Pérez e Miguel Rivas podio en alevín masculino

Xa o domingo na fase de grupos seguiuse coa boa tónica de xogo dos nosos representantes e Miguel Rey pasaba primeiro de grupo, Brais Blanco, Gonchu e Indalecio Iglesias pasaban segundos de grupo e José Ángel Lado acadaba o terceiro posto. Con clasificados faciase outro sesión de grupos pola tarde donde pola súa clasificación coincidían no mesmo grupo Miguel Rey, Brais Blanco e José Ángel Lado quedando nese mesmo orde pero con resultados moi apretados (3-2 en todos os partidos), Gonchu quedaba outra vez segundo sendo eliminado en octavos de final ao mesmo que Brais Blanco; Indalecio Iglesias non poido xogar pola tarde por indisposición. Miguel Rey superou a José Luis Amor (3-0) e a Julio Silva (3-2) para enfrentarse en semifinais contra Javi Diz ante o que nada poido facer e perdeu 3-0, pero que non empaña para nada a excelente actuación no torneo tanto del coma do resto de xogadores da comarca que deixaron boa mostra do seu nivel de xogo.

Miguel Rey 3º absoluto, torneo de Oleiros  

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.