O único derbi, o de Balaídos
21 de outubro de 2016 (02:21 h.)
Non haberá ningún derbi en Preferente nin Primeira, mentres que na Liga da Costa só San Lorenzo e Coristanco, así como Laxe e Corme escenificarán unha cita de proximidade xeográfica
Soneira e Sofán enfrontáronse a semana pasada - Foto: SD Sofán
Os caprichos do calendario teñen deixado para esta fin de semana un panorama atractivo, pero sen o punto de pique típico dos derbis. Non existirá tal sorte de encontros nin na Preferente e Primeira, nin tampoco nunha Liga da Costa na que só en Verdillo e Laxe enfrontaranse algo parecido á palabra veciños.
Tocaralle viaxar a dous dos tres representantes costeiros de Preferente. Aínda que polo nome impoña, o Betanzos é case un rival directo para un Xallas que incluso debería partir como favorito no García Hermanos. Os brigantinos, un xigante histórico, acaban de chegar desde Primeira e viven unha realidade de reconstrucción e proxecto a longo prazo. Pola súa banda, o sempre incómodo Chantada, na Terra Chá, será o desafío para un Soneira que arrinca a ritmo de diesel e que vai medrando en intensidade. O único en formar diante dos seus será o imprevisible Sofán, que recibe a un Viveiro con argumentos ofensivos pero que aínda non da moitas garantías.
Toca semana de 'santiaguismo' para os de Primeira. O único que se despraza é a SD Fisterra, que tentará asaltar o feudo do Villestro. Escaparon dous puntos que estaban no bote hai unha semana contra o Outes, e agora toca un feudo difícil por varios factores. Na casa tentará manter a súa xeira o Sporting Zas contra o Cordeiro, máis duro en Valga que a domicilio. O Puebla, ex de Preferente, será o que chegue ao Conco de Dumbría, mentres que Outes e Val do Ulla desputan un duelo directo.
Retoma liderato o Corme na Liga da Costa, e o fará ante o case veciño Laxe, que ven de celebrar a súa primeira vitoria. Foi no campo do Unión Club Cee e nuns máxicos últimos minutos. Tamén proximidade xeográfica terá outros do cuarteto de cabeza, un San Lorenzo que terá que lidiar co irregular e correoso Coristanco, aínda que co factor Pedreiras a favor. Baio e Cerqueda, os outros dous do 'tetramandato', formarán na casa ante Buño e Corcubión respectivamente. Especialmente xove será o encontro do José Luis Vara entre a Esteirana e un Camariñas convertido en equipo de moda, polo menos cando xoga ante os grandes.
Con carácter histórico é o compromiso do líder de Terceira; Lira e Muxía presentarán en Lombáns os seus argumentos para retomar a categoría que, como mínimo, lles corresponde por bagaxe histórica. Haberá partido de case vecindade en Muros entre o Volantes e o remozado filial do Outes, mentres que o sorprendente Ameixenda debe partir como favorito fronte ao Sporting Seaia.
LigaBenxamínSur, xornada 2
PreferenteNorte, xornada 10
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 8
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 8
LigaGalega Xuvenil, xornada 7
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 5
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 7
LigaGalega Cadete, xornada 7
1ªCadete, xornada 4
LigaGalega Infantil, xornada 7
1ªInfantil, xornada 6
LigaAlevínSur, xornada 2
LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.