2ª Autonómica: O 'Valentino Rossi' do Fisterra

Oito victorias seguidas suma o cadro de Nacho, que protagoniza unha remontada coma a do italiano na última carreira do Mundial de MotoGP; aguanta o tirón un Zas que en Buño sufriu máis do agardado
O Mazaricos foi, co Castriz, o único de arriba que fallou - Foto: Sara Ramos   Ponteceso 3-0 Carnota
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais (Damián m.86), Puente, Collazo, Regueiro (Eloy m.63), Nando, Recarey, Dieguito, Baba, Laik, Youssef (Iván m.55) e Villar (Ismail m.77)
  • Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky, Raúl (Oli Bermejo m.61), Jose (Nakata m.46), Samuel (Bernardo m.80), Miguel e Manuel Luis
  • Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Baba do Ponteceso (m.66). Amonestou a Laik e Iván do Ponteceso; Manolo Chouza, Miguel e Nakata do Carnota
  • Goles: 1-0 m.13 Dieguito; 2-0 m.49 Dieguito; 3-0 m.73 Mendieta
Comodidade para recuperar Atopou de novo o camiño do triunfo o Ponteceso, que tivo na visita do Carnota un certo bálsamo. Resultou determinante a figura de Dieguito, protagonista nos tres goles. Axustizou nos dous primeiros, tras finalizar xogadas de Nando e Villar, e implicouse no terceiro, cun tiro que provocou un rexeite que Iván no perdonou. Apenas tivo incidencia ofensiva o Carnota, con moitas variantes no once e un só achegamento perigoso, xa no segundo acto. A expulsión de Baba, tras unha falta e a protesta, foi a nota negativa para os de Barca.   Ameixenda 4-0 Cabana
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Maikel, Jorge (Grille m.80), Trillo (Javichu m.75), Samuel, Bichiño, Álex, Jesús, Sergio, Mario (Rafa m.58), Borja (David m.71) e Demetrio (Brais m.52)
  • Cabana: Adrián, Grille (Jose m.46), David Varela, Isma, Raúl, Mickael, Fernando, Adrián, José Manuel e Diego Varela (Adán m.52)
  • Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Expulsou a Álex (m.65). Amonestou a Borja, Álex, Brais e Jesús do Ameixenda; Isma do Cabana
  • Goles: 1-0 m.40 Mario; 2-0 m.42 Borja; 3-0 m.53 Mario; 4-0 m.70 Bichiño
Os deberes adiantados Cumpriu coa esixencia o Ameixenda, que co seu triunfo fronte ao colista Cabana alonxa calquera fantasma de problemas maiores. Os ceenses dominaron a un rival con poucos homes, que aguantou case todo o primeiro tempo. Resultou determinante o suspiro previo ao intermedio, con dous goles moi parecidos. No primeiro, Borja desequilibrou e asistiu en bandexa para o gol de Mario. Mesmo xeito con roles intercambiados para o segundo, que acababa coa emoción do choque. Mario, noutra acción de oportunista, e Bichiño, de tiro lonxano tras un rexeite, redondearon un marcador que é testemuña da diferencia entre dous teóricos rivais directos.   Coristanco 0-2 Unión Club Cee
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Herrera, Álex, Adrián, Añón (Damián m.59), Gonzalo (Lagoa m.54), Iván Pena (Mallón m.77), Jonathan, Pablo, Cristian, Samuel e Iván
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Jorgito, Chiru, Jacobo, Aitor, Josiño, Trillo, Pereira, Leo (Saulo m.88), Penedo (Borja m.86) e David (Álex m.80)
  • Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Adrián do Coristanco; Chiru e Jacobo do Unión Club Cee
  • Goles: 0-1 m.66 Leo; 0-2 m.81 Leo
A historia mil veces contada Dous goles de Leo, ambos de home de área clásico, valeron tres puntos para un Unión Club Cee que se establece como líder dos 'terrenais', ou dos que non están a loitar en principio pola Liga da Costa. O de Corcubión suma xa dez dianas este curso e desequilibrou un choque igualado, con poucas oportunidades claras nas áreas.   San Lorenzo 2-1 Cerqueda
  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián (Dani Pena m.60), Rubén Varela, Juanjo, Álex Taibo (Anxo m.85), Álex Figueiras, Parafita, Mario, Fuentefría e Luis (Kevin m.84)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Dani, Pazos, Athu (Jonás m.80), Darío (Brais m.50), Manu, Fernandito, Lorenzo, Gemelo (Luchi m.55) e Martín (Eloy m.60)
  • Árbitro: Cabido Suárez (A Coruña). Amonestou a Álex Figueiras e Mario do San Lorenzo; Manu e Fernandito do Cerqueda
  • Goles: 0-1 m.36 Gemelo; 1-1 m.62 Fuentefría; 2-1 m.79 Fuentefría
Fuentefría, o chegador Está a ser o ano da coronación de Fuentefría coma xogador chave do San Lorenzo de Verdillo. O canteirán firmou os dous goles da remontada fronte a un Cerqueda coma sempre ultracompetitivo, e que a piques estivo incluso de gañar o partido. Os visitantes aproveitaron unha contra ben finalizada por Gemelo para firmar o único gol do primeiro tempo. Tiña sido unha batalla de iniciativa carballesa e réplica considerable en forma de resistancia por parte dos de Emilio Uzal. Incrementaría a ofensiva o San Lorenzo á volta dos vestiarios, aínda que para a polémica quedan as protestas do Cerqueda, que lamentou que Álex Figueiras non vira o segundo cartón amarelo. Chegaría entón, e tras unha serie de moi boas paradas de Dourado, o cambio do cor no marcador. Fuentefría aproveitou un rexeite para selar as táboas, e xa contra o final un bo pase de Rubén lle deixou man a man co porteiro, e resolveu con sangre fría a gol. Nin tralo golpe desfaleceu o Cerqueda, que na prolongación, e por medio de Lorenzo, golpearía contra o longueiro.   Baíñas 4-1 Volantes de Baño
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Baíñas: Sergio, Tantán, Carliños, Matías, Jorge Calvete, Jaime (Canay m.60) (Joselu m.85), Javi Suárez (Samuel m.71), Esteban, Alemán (Cristian m.60), Migueliño e Dani Casal (Tasky m.63)
  • Volantes de Baño: Jose, Pablo, Juan do Sivil, Javi (Pedro de Paky m.60), Cajulo, Pardelo, Sergio (Ivi m.73), Mou (Dani m.68), Andel (Álex m.85), Iago e Mingos (Álvaro m.74)
  • Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Javi Suárez, Matías e Sergio do Baíñas; Javi e Pablo do Volantes de Baño
  • Goles: 1-0 m.3 Matías, de penalti; 1-1 m.41 Cajulo, de penalti; 2-1 m.63 Canay; 3-1 m.66 Tasky; 4-1 m.81 Tantán
Digna caída do Volantes A pesares das importantes baixas o Volantes de Baño prantexoulle cara a un dos aspirantes ao título, un Baíñas tamén con rotacións no seu once. Un derribo sobre Jaime nada máis comezar o choque significou un penalti convertido a gol por Matías, no que parecía a porta a unha prácida tarde para os locais. Nada máis lonxe da realidade. O Baño non lle perdeu a cara ao choque e incluso igualou pouco antes do descanso, tras converter Cajulo outro claro penalti. Resultaron chave os trocos locais, con Canay e Tasky decidindo en cinco minutos o que se compricara na hora anterior. Foi a fin da emoción.   Castriz 0-3 Fisterra
Máis de medio centenar de seareiros fisterráns acudiron a Castriz - Foto: SD Fisterra
Os de Nacho foron superiores a un descoñecido Castriz - Foto: SD Fisterra
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Añón, Dani Martínez, Martín Uruguaio (Iván Pastoriza m.73), Darío Capelo, Álex Flores, Bolón, David Agra, Jose, Fabián, Martín e Diego Maneiro
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Manuel Cartamil, Robertín, Cote, Roa (Santi m.90), Piti, Bruno, Mané (Guardiola m.65), Roco (Pablo Lestón m.70) e Adrián
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Alberto (m.56) no banco do Castriz e a Martín (m.90), tamén dos locais. Amonestou a Jose e Dani Martínez do Castriz; Dani Rubia, Roco, Cote e Manuel Cartamil do Fisterra
  • Goles: 0-1 m.4 Adrián; 0-2 m.44 Mané, de penalti; 0-3 m.90 Adrián, de penalti
Roa e Piti, dous homes chave nas oito victorias seguidas - Foto: SD FIsterra Oitava sinfonía Oito triunfos seguidos contemplan xa a un Fisterra lanzado a pola súa primeira Liga da Costa do século XXI. Contaxian xa os verdes a unha afección que acudiu á chamada para viaxar a Castriz, con máis de setente fieis. Os xalleiros, pola súa banda, convertéronse nos grandes damnificados do pelotón de cabeza, ademáis de perder a dous xogadores para o vindeiro encontro. A conexión Bruno-Adrián fabricou o primeiro tanto nada máis comezar, tras un balón ao espazo no que o pequeno talento da canteira estivo hábil e cedeu para o 'killer'. Estaba a ser superior o Fisterra, nun campo que por dimensións invita ao choque e á intensidade. Os locais tiveron só dúas chegadas claras, e recibiron un mazazo case definitivo ao fío do descanso. Unha man no área significou un axustado penalti. Mané no errou desde os once metros. Estivo máis cerca o 0-3 que o 1-2 durante toda a segunda metade, aínda que non sería ata o último suspiro cando Adrián, tras un claro penalti, pecharía o choque.   Porteño 1-1 Camariñas
A Grixa vestiuse de gala - Foto: Porteño
  • Campo: A Grixa
  • Porteño: Martín, Adrián, Pejo, Gabri, Manuel, Iago (Rodri m.71), Doyle, Quilmes, Jorge, Canosa e Wii (Cachi m.65)
  • Camariñas: Pablo, Kevin, Maikol, Moriño, Soule, David, Yuyo, Carlos Meu Lar (Pablo Suárez m.76), Vicente, Nico e Vieites (Brandon m.53)
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Canosa (m.89) e Pejo (m.87) do Porteño. Amonestou a Jorge, Quilmes, Iago, Gabri, Cachi do Porteño; Yuyo, Nico, Vicente e Soule do Camariñas
  • Goles: 1-0 m.2 Wii; 1-1 m.85 David
Non acompañou o estado do céspede Un derbi, con tódolos elementos Emoción, polémica, expulsións, e desenlace final. Todos eses elementos de derbi ao uso se deron no Porteño-Camariñas, onde os locais se foron coa sensación de ter perdido dous puntos e os visitantes cun importante reforzo moral. Inclinouse para a Ponte a balanza nun primeiro tempo que comezou da mellor forma posible: centro perfecto de Canosa e cabezazo de Wii a gol. O asistente a piques estaría de atopar el mesmo o premio pouco despois, nunha execución de falta q se estrelou no pau. O estado do terreo de xogo condicionou o factor espectáculo, e tamén fixo que o Camariñas tardase moito en adaptarse. Apenas tería presencia no área rival no primeiro tempo. Si a tería no segundo, no que os locais tentaron administrar a vantaxe e buscar as contras. Sairía mal o plan, cun Camariñas que cada vez se viña máis arriba e que acabaría por igualar cun rexeite executado por David.   Buño 2-3 Sporting Zas
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, Miguel Dourado (David m.86), Dimitri, Pablo, Fran, Emilio, Juan Antelo, Dani Calvete, Gurita (Richard m.74), Víctor e David Dourado (Alexander m.68)
  • Sporting Zas: Tívoli, Rubén Forján, Josito, Manu (Martín m.68), Diego Fernández (Dieguiño m.68), Sande, Adri, Cilindro, Rubio, Chapela e David Blanco
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Dani Calvete, Dimitri e Fran Borrazás do Buño; Chapela do Zas
  • Goles: 0-1 m.23 David Blanco; 1-1 m.26 Víctor; 1-2 m.34 Chapela; 1-3 m.51 Sande; 2-3 m.67 Antelo
O mellor Buño case lle da un susto ao líder Con máis problemas do que podería supoñerse a xulgar pola táboa, o Sporting Zas venceu no campo dun Buño que ofreceu a súa mellor imaxe dos últimos meses. Os oleiros prantexaron unha ordeada resistencia e chegaron con perigo nas distintas fases do encontro. Ao gol de David Blanco, tras cabecear un bo centro de Rubio, respostou rápido Víctor, que aproveitou un erro defensivo para marcar. O líder, moi creativo en tres cuartos de campo, tirou de pegada para desfacer de novo a igualada, esta vez cun espectacular tiro de Chapela desde trinta metros, que se colaría pola escuadra. Cando, xa na reanudación, Sande facía o terceiro a servizo de Diego Fernández, parecía pecharse unha saída incómoda. Pero o Buño non morrera. Dimitri avisou cun cabezazo ao longueiro e pouco despois, nun desaxuste defensivo do primeiro clasificado, Juan Antelo acurtaba de novo distancias. O carrusel de trocos levou o choque a outra fase na que non pasou demasiado.   Esteirana 2-2 Mazaricos
  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Roberto, Dani Rama, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama, Codesido, Simón, Marcos (Eloy m.62) e Tobío
  • Mazaricos: Miguel, Roberto, Matías (Marcos m.46), Martín, David, Chenel, Brais, Estéfano, David Lado, Ramón e Miguel Riveiro
  • Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Tobío, Simón e Pablo Rama da Esteirana; Ramón, David e Marcos do Mazaricos
  • Goles: 0-1 m.48 Marcos; 0-2 m.67 Chenel; 1-2 m.76 Tobío; 2-2 m.80 Eloy
Exceso de confianza do Mazaricos Dous goles de vantaxe desperdiciou o Mazaricos en Esteiro, donde dominou por momentos a un rival que sempre quixo xogar ao fútbol e que lle puxo unha marcha máis na recta final. Os visitantes administraron a vantaxe e quedaron sen ela. Pagaron, ademais, uns despistes defensivos moi pouco habituais esta tempada.   Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).