2ª Autonómica: O 'Valentino Rossi' do Fisterra

00:55 01/02/16
Oito victorias seguidas suma o cadro de Nacho, que protagoniza unha remontada coma a do italiano na última carreira do Mundial de MotoGP; aguanta o tirón un Zas que en Buño sufriu máis do agardado
O Mazaricos foi, co Castriz, o único de arriba que fallou - Foto: Sara Ramos
Ponteceso 3-0 Carnota
Máis de medio centenar de seareiros fisterráns acudiron a Castriz - Foto: SD Fisterra
Os de Nacho foron superiores a un descoñecido Castriz - Foto: SD Fisterra
Roa e Piti, dous homes chave nas oito victorias seguidas - Foto: SD FIsterra
Oitava sinfonía
Oito triunfos seguidos contemplan xa a un Fisterra lanzado a pola súa primeira Liga da Costa do século XXI. Contaxian xa os verdes a unha afección que acudiu á chamada para viaxar a Castriz, con máis de setente fieis. Os xalleiros, pola súa banda, convertéronse nos grandes damnificados do pelotón de cabeza, ademáis de perder a dous xogadores para o vindeiro encontro. A conexión Bruno-Adrián fabricou o primeiro tanto nada máis comezar, tras un balón ao espazo no que o pequeno talento da canteira estivo hábil e cedeu para o 'killer'. Estaba a ser superior o Fisterra, nun campo que por dimensións invita ao choque e á intensidade. Os locais tiveron só dúas chegadas claras, e recibiron un mazazo case definitivo ao fío do descanso. Unha man no área significou un axustado penalti. Mané no errou desde os once metros. Estivo máis cerca o 0-3 que o 1-2 durante toda a segunda metade, aínda que non sería ata o último suspiro cando Adrián, tras un claro penalti, pecharía o choque.
Porteño 1-1 Camariñas
A Grixa vestiuse de gala - Foto: Porteño
Non acompañou o estado do céspede
Un derbi, con tódolos elementos
Emoción, polémica, expulsións, e desenlace final. Todos eses elementos de derbi ao uso se deron no Porteño-Camariñas, onde os locais se foron coa sensación de ter perdido dous puntos e os visitantes cun importante reforzo moral. Inclinouse para a Ponte a balanza nun primeiro tempo que comezou da mellor forma posible: centro perfecto de Canosa e cabezazo de Wii a gol. O asistente a piques estaría de atopar el mesmo o premio pouco despois, nunha execución de falta q se estrelou no pau. O estado do terreo de xogo condicionou o factor espectáculo, e tamén fixo que o Camariñas tardase moito en adaptarse. Apenas tería presencia no área rival no primeiro tempo. Si a tería no segundo, no que os locais tentaron administrar a vantaxe e buscar as contras. Sairía mal o plan, cun Camariñas que cada vez se viña máis arriba e que acabaría por igualar cun rexeite executado por David.
Buño 2-3 Sporting Zas

- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais (Damián m.86), Puente, Collazo, Regueiro (Eloy m.63), Nando, Recarey, Dieguito, Baba, Laik, Youssef (Iván m.55) e Villar (Ismail m.77)
- Carnota: Andrés, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky, Raúl (Oli Bermejo m.61), Jose (Nakata m.46), Samuel (Bernardo m.80), Miguel e Manuel Luis
- Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Expulsou a Baba do Ponteceso (m.66). Amonestou a Laik e Iván do Ponteceso; Manolo Chouza, Miguel e Nakata do Carnota
- Goles: 1-0 m.13 Dieguito; 2-0 m.49 Dieguito; 3-0 m.73 Mendieta
- Campo: San Paio de Refoxos
- Ameixenda: Maikel, Jorge (Grille m.80), Trillo (Javichu m.75), Samuel, Bichiño, Álex, Jesús, Sergio, Mario (Rafa m.58), Borja (David m.71) e Demetrio (Brais m.52)
- Cabana: Adrián, Grille (Jose m.46), David Varela, Isma, Raúl, Mickael, Fernando, Adrián, José Manuel e Diego Varela (Adán m.52)
- Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Expulsou a Álex (m.65). Amonestou a Borja, Álex, Brais e Jesús do Ameixenda; Isma do Cabana
- Goles: 1-0 m.40 Mario; 2-0 m.42 Borja; 3-0 m.53 Mario; 4-0 m.70 Bichiño
- Campo: A Rocheira
- Coristanco: Herrera, Álex, Adrián, Añón (Damián m.59), Gonzalo (Lagoa m.54), Iván Pena (Mallón m.77), Jonathan, Pablo, Cristian, Samuel e Iván
- Unión Club Cee: Ángel Luis, Jorgito, Chiru, Jacobo, Aitor, Josiño, Trillo, Pereira, Leo (Saulo m.88), Penedo (Borja m.86) e David (Álex m.80)
- Árbitro: Fuentes Seoane (A Coruña). Amonestou a Adrián do Coristanco; Chiru e Jacobo do Unión Club Cee
- Goles: 0-1 m.66 Leo; 0-2 m.81 Leo
- Campo: As Pedreiras
- San Lorenzo: Javi Souto, Isaac, Adrián (Dani Pena m.60), Rubén Varela, Juanjo, Álex Taibo (Anxo m.85), Álex Figueiras, Parafita, Mario, Fuentefría e Luis (Kevin m.84)
- Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Dani, Pazos, Athu (Jonás m.80), Darío (Brais m.50), Manu, Fernandito, Lorenzo, Gemelo (Luchi m.55) e Martín (Eloy m.60)
- Árbitro: Cabido Suárez (A Coruña). Amonestou a Álex Figueiras e Mario do San Lorenzo; Manu e Fernandito do Cerqueda
- Goles: 0-1 m.36 Gemelo; 1-1 m.62 Fuentefría; 2-1 m.79 Fuentefría
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Baíñas: Sergio, Tantán, Carliños, Matías, Jorge Calvete, Jaime (Canay m.60) (Joselu m.85), Javi Suárez (Samuel m.71), Esteban, Alemán (Cristian m.60), Migueliño e Dani Casal (Tasky m.63)
- Volantes de Baño: Jose, Pablo, Juan do Sivil, Javi (Pedro de Paky m.60), Cajulo, Pardelo, Sergio (Ivi m.73), Mou (Dani m.68), Andel (Álex m.85), Iago e Mingos (Álvaro m.74)
- Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Javi Suárez, Matías e Sergio do Baíñas; Javi e Pablo do Volantes de Baño
- Goles: 1-0 m.3 Matías, de penalti; 1-1 m.41 Cajulo, de penalti; 2-1 m.63 Canay; 3-1 m.66 Tasky; 4-1 m.81 Tantán


- Campo: San Pedro
- Castriz: Añón, Dani Martínez, Martín Uruguaio (Iván Pastoriza m.73), Darío Capelo, Álex Flores, Bolón, David Agra, Jose, Fabián, Martín e Diego Maneiro
- Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Manuel Cartamil, Robertín, Cote, Roa (Santi m.90), Piti, Bruno, Mané (Guardiola m.65), Roco (Pablo Lestón m.70) e Adrián
- Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Alberto (m.56) no banco do Castriz e a Martín (m.90), tamén dos locais. Amonestou a Jose e Dani Martínez do Castriz; Dani Rubia, Roco, Cote e Manuel Cartamil do Fisterra
- Goles: 0-1 m.4 Adrián; 0-2 m.44 Mané, de penalti; 0-3 m.90 Adrián, de penalti


- Campo: A Grixa
- Porteño: Martín, Adrián, Pejo, Gabri, Manuel, Iago (Rodri m.71), Doyle, Quilmes, Jorge, Canosa e Wii (Cachi m.65)
- Camariñas: Pablo, Kevin, Maikol, Moriño, Soule, David, Yuyo, Carlos Meu Lar (Pablo Suárez m.76), Vicente, Nico e Vieites (Brandon m.53)
- Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Canosa (m.89) e Pejo (m.87) do Porteño. Amonestou a Jorge, Quilmes, Iago, Gabri, Cachi do Porteño; Yuyo, Nico, Vicente e Soule do Camariñas
- Goles: 1-0 m.2 Wii; 1-1 m.85 David

- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, Miguel Dourado (David m.86), Dimitri, Pablo, Fran, Emilio, Juan Antelo, Dani Calvete, Gurita (Richard m.74), Víctor e David Dourado (Alexander m.68)
- Sporting Zas: Tívoli, Rubén Forján, Josito, Manu (Martín m.68), Diego Fernández (Dieguiño m.68), Sande, Adri, Cilindro, Rubio, Chapela e David Blanco
- Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Dani Calvete, Dimitri e Fran Borrazás do Buño; Chapela do Zas
- Goles: 0-1 m.23 David Blanco; 1-1 m.26 Víctor; 1-2 m.34 Chapela; 1-3 m.51 Sande; 2-3 m.67 Antelo
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Roberto, Dani Rama, Rafa, Martín, Álex, Adrián, Pablo Rama, Codesido, Simón, Marcos (Eloy m.62) e Tobío
- Mazaricos: Miguel, Roberto, Matías (Marcos m.46), Martín, David, Chenel, Brais, Estéfano, David Lado, Ramón e Miguel Riveiro
- Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Tobío, Simón e Pablo Rama da Esteirana; Ramón, David e Marcos do Mazaricos
- Goles: 0-1 m.48 Marcos; 0-2 m.67 Chenel; 1-2 m.76 Tobío; 2-2 m.80 Eloy
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).