O Xallas celebra os seus 50 anos cunha Gala

Despois das celebracións doutros clubs da zona como Baio, Porteño ou Soneira, e da competición copeira, tócalle o turno ao Xallas FC. Un dos equipos máis laureados do fútbol costeiro, con 6 Copas da Costa no seu haber (contando a bicolor do ano pasado).

Será cunha Gala como o celebrará o equipo xalleiro o 50 aniversario. O Complexo A Fortaleza acollerá a Gala o vindeiro 23 de abril, xa dende as 12:00h cunha misa en memoria dos finados do club.

A Gala arrincará ás 12:30h, para despois proceder a unha sesión vermú e a comida. A directiva espera contar co maior numero posible de ex-xogadores, ex-directivos , siareiros, ex-colaboradores para que poidan partillar do Cincuentenario de entidade.

Entre as sorpresas, sortearán un balón firmado polos xogadores do Deportivo.

Para reservar praza poden facer o ingreso en: ES02 2080 0306 5130 4001 5004.
Tamen se poden adquirir na Oficina de Electra directamente o Presi Jose Manuel, e no Vagalume.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).